Esvástica
A esvástica é un símbolo místico encontrado en moitas culturas en tempos distintos, dos indios Hopi aos astecas, dos celtas aos budistas, dos gregos aos hindus. Algúns autores cren que a esvástica ten un valor especial por ser encontrada en moitas culturas sen contactos unhas coas outras.
Índice |
Características [editar]
Os símbolos a que chamamos así posúen detalles gráficos bastante distinguidos. Varios deseños usan figuras con tres liñas. A nazi ten os brazos apuntando para o sentido horario, ou sexa, indo para a dereita e roda a figura de modo a un dos brazos estar no cumio. Outras non teñen brazos e consisten de cruces con liñas curvas. Os símbolos islámicos e malteses parecen máis hélices do que propiamente esvásticas.
Na China hai un símbolo de orientación cuádrupla, que segue os puntos cardeais; desde o ano 700 ela asume alí o significado de número dez mil. No Xapón, é usada para representar templos e santuarios en mapas, ben como noutros países do extremo oriente.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- History of the Swastika (US Holocaust Memorial Museum) (en inglés)