Evelyn Waugh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Evelyn St. John Waugh
Evelynwaugh.jpeg
Datos persoais
Nacemento 28 de outubro de 1903
Lugar Hampstead (Londres) Reino Unido Reino Unido
Falecemento 10 de abril de 1966
Lugar Somerset Reino Unido Reino Unido
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Inglés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros narrativa e ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Arthur Evelyn St. John Waugh, coñecido como Evelyn Waugh, nado en Hampstead (Londres) o 28 de outubro de 1903 e falecido en Combe Florey (Somerset) o 10 de abril de 1966, é un novelista británico da segunda metade do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun coñecido editor da época. Estudou en Oxford, Lancing e o Hertford College. Viaxou por numerosos países e en 1939 foi destinado á Mariña británica e, posteriormente, ás forzas montadas en Oriente Medio e Iugoslavia.

Casou dúas veces. A primeira, en 1928, con Evelyn Gardener, para divorciarse dela en 1930. Ese mesmo ano converteuse ao catolicismo. En 1937 casa con Laura Herbert, con quen tivo seis fillas (unha morreu antes do ano) e un fillo.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra enténdese mellor tendo en conta as súas viaxes e, sobre todo, a súa conversión, en 1930, á fe católica. El procedía dunha familia evanxelista.

Daquela, Waugh xa publicara Decline and fall (1928), unha novela curta que o fixo coñecido e lle permitiu iniciar a súa carreira viaxeira. Antes da guerra, Waugh parodiou o xornalismo, e en especial o mundo dos correspondentes, con Scoop (1934, en España, Noticia bomba!). A súa obra ten dúas vertentes, pois mistura libros cun humor negro e satírico con outros máis serios, onde ataca a alta sociedade e, ao mesmo tempo, escribe sobre a falta de valores. Esta segunda vertente acentúase trala conversión relixiosa e o paso do escritor pola Segunda Guerra Mundial.

A participación de Waugh na contenda bélica reflíctese especialmente na triloxía Sword of Honour, a súa derradeira obra grande de ficción, aínda que tamén na súa máis importante novela, Retorno a Brideshead.

Retorno a Brideshead[editar | editar a fonte]

A máis recoñecida obra de Waugh, a que o fixo famoso, é Retorno a Brideshead, que é consecuencia das súas peripecias militares e que publicou nada máis rematar a segunda guerra mundial, en 1945. El conta que a novela xa estaba rematada en xuño de 1944, despois dunha convalecencia por unha pequena ferida de guerra. No prólogo que fixo para a edición revisada de 1959, Waugh descríbea como unha narración sobre "a influencia da graza divina nun grupo de personaxes moi diferentes entre si, aínda que estreitamente relacionados". A revista Time incluíuna na súa lista das cen mellores novelas de todos os tempos.[1]

Retorno a Brideshead ten como título completo Brideshead revisited. The sacred and profane memories of captain Charles Ryder[2]. Este último é un militar británico que, no curso da guerra, chega a Brideshead, unha mansión, propiedade da familia Marchmain, na que pasou uns transcendentais anos da súa mocidade, pouco antes do conflito bélico. Os seus recordos dese tempo pasado constitúen o eixe do relato. Na novela, Ryder evoluciona dende o amor homosexual e estético por Sebastian Marchmain ata o obsesivo pola irmá deste, Julia, mentres asiste ao declinar da familia. Porque a novela é tamén o relato da caída dun clan aristocrático, arrastrado tanto polos novos ventos da historia como polos desvaríos dalgúns dos seus membros.

No prólogo de 1959, Waugh salienta que "gran parte deste libro consiste nun discurso fúnebre ante un ataúde baleiro". Precisamente, o soliloquio dun moribundo é un dos intres máis relevantes da narración.

Retorno a Brideshead foi adaptada para a televisión en 1981, converténdose nunha das máis brillantes adaptacións televisivas dunha novela. Producida pola prestixiosa casa Granada Television, esta serie fixo coñecido ao actor que interpretaba a Charles Ryder, Jeremy Irons. Anos despois, xa no 2008, fíxose unha pobre versión para o cine.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

(Entre parénteses, o título da tradución en castelán no caso de existir. En España téñense editado ademais outros libros que xuntan relatos de Waugh que, en orixe, pertencen a distintas obras. A obra de Waugh aínda non foi traducida ao galego.)

Novela[editar | editar a fonte]

  • Decline and fall (Decadencia y caída), 1928.
  • Vile Bodies (Cuerpos viles), 1930.
  • Black Mischief (Merienda de negros), 1932.
  • A Handful of Dust (Un puñado de polvo), 1934.
  • Scoop (Noticia bomba!), 1938.
  • Work Suspended, 1942.
  • Put Out More Flags (Más banderas), 1942.
  • Brideshead Revisited (Retorno a Brideshead), 1945.
  • The Loved One (Los seres queridos), 1948.
  • Helena (Elena), 1950.
  • Sword of Honour, triloxía integrada por
    • Men at Arms (Hombres en armas), 1952.
    • Officers and Gentlemen, 1955.
    • Unconditional Surrender, 1961.
  • The Ordeal of Gilbert Pinfold (La prueba de fuego de Gilbert Pinfold), 1957.

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Mr Loveday's Little Outing and Other Sad Stories, 1936.
  • Scott-King's Modern Europe (Neutralia: La Europa moderna de Scott King), 1947.
  • Love Among The Ruins, 1953.
  • Basil Seal Rides Again, 1963.

Libros de viaxe e biografías[editar | editar a fonte]

  • Rossetti, His Life and Works, 1928. Biografía.
  • Labels, A Mediterranean Journal (Etiquetas: viaje por el Mediterráneo), 1930. Libro de viaxes
  • Remote People (Gente remota), 1931. Libro de viaxes.
  • Ninety-Two Days (Noventa y dos días), 1934. Libro de viaxes.
  • Edmund Campion, 1935. Biografía.
  • Waugh in Abyssinia, 1936. Libro de viaxes.
  • Robbery Under Law, 1939. Libro de viaxes.
  • The Holy Places, 1952. Libro de viaxes.
  • The Life of the Right Reverend Ronald Knox, 1959. Biografía.
  • A Tourist in Africa (Un turista en África), 1960. Libro de viaxes.
  • A Little Learning (Una educación incompleta), 1964, autobiografía parcial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brideshead Revisited - ALL-TIME 100 Novels - TIME
  2. En galego, Retorno a Brideshead. As memorias sagradas a profanas do capitán Charles Ryder.