Minecraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Minecraft



Desenvolvemento Mojang
4J Studios (versións de consolas)
Deseño Markus "Notch" Persson (2009-2011)
Jens Bergensten (2011-presente)
Música Daniel "C418" Rosenfeld
Distribución Mojang (PC, móbil)
Microsoft Studios (Xbox 360, Xbox One, Windows Phone)
Sony Computer Entertainment (PS3, PS4, PS Vita)

Lanzamento Versión completa: 18 de novembro do 2011
Classic: 17 de maio do 2009
Beta: 20 de decembro do 2010
Última versión 1.8 (outubro do 2014)

Xénero primeira persoa, mundo aberto
Modos de xogo un só xogador, multi-xogador
Plataformas PC, Linux, Mac, Xbox 360, Android e iOS
Dispositivos de control Rato e teclado (PC, Linux, Mac), pantalla táctil (Android e iOS) e mando (XBOX 360).

Lingua dispoñible en galego

Sitio web http://www.minecraft.net

Minecraft é un videoxogo independente tipo "mundo aberto" no cal os xogadores poden realizar construcións nun mundo tridimensional composto de cubos. O xogador manexa unha personaxe que interactúa co mundo no que pode destruir, crear ou transformar os bloques para modelalo ao seu gusto facendo edificios ou estruturas.

Características[editar | editar a fonte]

Markus Persson, o creador de Minecraft.

Orixinalmente escrito en Java por Markus "Notch" Persson, na actualidade atópase en fase de desenvolvemento pola súa compañía Mojang. A primeira versión (Alpha) do xogo apareceu o 17 de maio de 2009, a Beta o 20 de decembro do 2010 e a versión final foi publicada o 18 de novembro do 2011. A edición para Android só estivo inicialmente dispoñible para o Xperia Play, pero na actualidade xa existe para todos os móviles que dispoñan de sistema operativo Android ou IOS. Unha versión para a Xbox 360 co apoio de Kinect foi desenvolvida por 4J Studios e editouse o 9 de maio do 2012. O 25 de maio dese ano o xogo levaba vendidas 6 millóns de unidades só para PC, e 9 para todas as plataformas[1].

Minecraft inspírase e xogos como Dwarf Fortress, Dungeon Keeper e, especialmente, Infiniminer. O xogo ten dúas variantes, Normal Defeaut e Classic, amblasdúas con modos dun xogador e multixogador. O modo clásico incorpora únicamente a dinámica de construción, con bloques ilimitados dispoñibles libremente; mentres que a versión Normal Defeaut é a versión completa, na que hai que sobrevivir tendo que coseguir o xogador o material preciso para as ferramentas e a construción, e onde aparecen criaturas (mobs). A versión clásica na actualidade xa non existe na paxina de Minecraft. A Normal Defeaut pódese xogar online sen necesidade de descargar o programa.

O xogo[editar | editar a fonte]

Un xogador en Minecraft ten moita liberdade á hora de decidir como xogar, sendo os primeiros obxectivos sobrevivir aos ataques dos monstros, tamén coñecidos como "mobs hostís" (como os zombis, esqueletes e Creepers), e construir un refuxio. O xogo xira ao redor da construción. O mundo está constituído por cubos dispostos nun patron de reixa fixa que representan distintos materiais, como terra, pedra, varios tipos de minerais, auga, ou troncos de árbores. Mentres que os xogadores teñen liberdade para moverse a través do mundo, os obxectos só se poden colocar en posicións fixas en relación á reixa. O xogador pode colleitar eses bloques de materiais e colocalos noutro sitio, co que podería realizar distintos tipos de construcións.

Minecraft ten tres modos de xogo: supervivencia (coa súa variante hardcore) e creativo. O modo clásico trátase da primeira versión gratuíta que inicialmente só contaba coa variante creativa con unicamente os aspectos da construción (colocar e quitar bloques), e cunha reserva de bloques ilimitada. O xogo posteriormente evolucionou ao modo de supervivencia dun só xogador (coñecido como Survival Mode Test), que contiña monstros e máis variedade de bloques e obxectos, e ademais requería que os xogadores se encargasen de colleitar os bloques.

O xogo comeza colocando ao xogador na superficie dun mundo virtualmente infinito. O xogador pode camiñar a través do terreo formado por chairas, montañas, covas e varios corpos de auga. O mundo está tamén dividido en distintos biomas, que van dende o deserto ata zonas nevadas (na actualidade existen dez biomas distintos dentro do xogo). O tempo dentro do xogo sigue un ciclo de día-noite que dura 20 minutos. A medida que transcorre o xogo, a personaxe vai atopándose distintos tipos de criaturas non humanas, coñecidas como mobs. Durante as horas de día aparecen animais non hostís (vacas, ouvellas, porcos e polos), que poden ser cazados para obter comida e materiais. Os mobs hostís, como grandes arañas, esqueletes, zombis e Creepers, só aparecen nas horas da noite ou en áreas escuras como poden ser as covas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]