Armadura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armadura micénica, -1400.

Unha armadura[1] é unha vestimenta que se fabricaba de metais ou outros materiais resistentes coma o coiro.

Orixes[editar | editar a fonte]

A orixe da armadura é do período exipcio, naqueles tempos compoñíase dun casco e unha coiraza. Entre os caldeos-asirios, polo que que aparece nos relevos da época, usábase un casco de bronce de forma algo cónica, a coiraza feita de pel cuberta de láminas metálicas e os botíns de coiro duro ou gornecido tamén con láminas. Os soldados gregos adoitaban levar unha túnica curta que remataba en pregues simétricos e sobre ela unha coiraza para o tronco, formada por tiras de coiro con pezas metálicas ou ben só dúas pezas (peto ou plastrón e espaleira) que cubrían peito e costas e uníanse con tiras metálicas ou correas sobre os ombros mentres que a parte dianteira das pernas se defendía coas cnémides.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armadura.