Australian Broadcasting Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australian Broadcasting Corporation
Inicio das emisións 1932 (radio)
1956 (TV)
Propiedade de Empresa pública
Slogan Enter_
País Australia Australia
Lingua Inglés
Área de emisión Australia Australia
Sede central Sydney.
Páxina web http://www.abc.net.au/

Australian Broadcasting Corporation (en galego, Corporación de Radiodifusión australiana) é un grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia. Os servizos de radio comezaron en 1923 e a televisión iniciouse en 1956.

O propietario da cadea é o Goberno de Australia. Con todo, ABC non é o único organismo público de radiotelevisión en Australia, xa que ese status tamén o posúe a canle multicultural Special Broadcasting Service (SBS).

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras emisións de radio por parte do organismo público fixéronse en Sydney o 15 de novembro de 1923, baixo a emisora local 2SB, e á que máis tarde seguirían outras emisoras locais en Perth, Brisbane e Adelaida. En 1927 o goberno estableceu a National Broadcasting Service (NBS).

Finalmente o 1 de xullo de 1932 nace a Australian Broadcasting Commission, que levaría a cabo as operacións de NBS. Durante os seguintes anos produciuse a unha centralización das emisoras, que malia manter a programación local terían agora programas nacionais coordinados.

A televisión pública empezou a emitir en Sydney e Melbourne en novembro de 1956, e aos poucos comezaron a sumarse outras emisoras. Con todo, este non foi a primeira canle de televisión australiano, honor que corresponde a TCN-9 (Nine Network). A TV non se estableceu do todo ata a mellora de cobertura nos anos 60, polo que non había un informativo a nivel nacional en TV, senón que cada cadea local emitía os mesmos contidos pero con distinta presentación. Isto non pasaba na radio.

En 1974 establécese o departamento comercial e en 1975 a ABC TV comezou a emitir en cor, ano no que tamén poñen en marcha unha emisora de rock (a futura "Tripla J"). Un ano despois lanzaría unha emisora de música clásica.

En 1983 a compañía cambiou a súa denominación, pasando a ser "Australian Broadcasting Corporation", na que se reestruturou gran parte do funcionamento do grupo ata entón, chegando a triplicarse a produción propia nos seguintes anos. Tamén se reestruturou a radio en 1985 cando Radio 1 pasou a ser a rede de emisoras locais e Radio 2 a rede nacional. En 1989 nace a radio internacional, Radio Australia.

Na década dos anos 90 prodúcense outros feitos significativos como a creación do departamento de multimedia en 1995, a ABC NewsRadio en 1996. Con todo tamén houbo problemas co orzamento que afectaron ás canles internacionais. A radio internacional perdeu varios programas e Australia Television, emisora creada en 1993 acabaría desaparecendo. (Aínda que en 2002 volvésese a crear outro internacional co nome de ABC Asian-Pacific)

No 2001 creouse unha segunda canle específica de Televisión Dixital Terrestre chamado "ABC Kids", que tivo que pechar 2 anos despois por problemas económicos. Á súa vez mantívose a canle internacional ABC Asia-Pacific, que en 2006 pasou a chamarse Australian Network. En 2005 retomouse a idea da canle exclusiva por TDT, nacendo así "ABC2".

Radio[editar | editar a fonte]

Existe unha rede principal de emisoras locais chamada ABC Local Radio, que ten emisoras dispersas por todo o país, repartidas segundo demarcacións. Son 8 en total.

Outras emisoras a nivel nacional son:

  • Radio National: É a primeira emisora de radio de carácter nacional en Australia, inaugurada en 1932 (As primeiras radios foron as locais). Emite programas de variedades e noticias, dentro dunha programación bastante ampla. Emite noticias, drama, cultura, artes, programas de sociedade...
  • ABC NewsRadio: Emisora de noticias 24 horas. Orixinalmente pensada como radio para coberturas do Parlamento Australiano, a cadea pasou a ser de información continua posteriormente.
  • Triplo J: Cadea de radio xuvenil, emite música independente, xunto con cantantes e grupos da escena australiana.
  • ABC Classical FM: Emisora de música clásica, que combina coa cobertura de eventos en vivo e boletíns informativos.

Dentro da radio dixital a ABC ten un servizo chamado ABC DiG, consistente en emisoras dixitais especializadas: DiG Radio (para mozos, música), DiG Jazz (especializada en jazz) e DiG Country (especializada en country).

Ademais, ABC conta cunha emisora internacional de onda curta, Radio Australia

Televisión[editar | editar a fonte]

ABC posee cinco cadeas de televisión nacionais:

  • ABC1: Primeira canle de televisión, emite produción propia (cine, dramas, comedia), series estranxeiras, documentais, deporte e programas dos servizos informativos. Anteriormente coñecido como ABC Television, pasou a chamarse ABC1 desde o 8 de febreiro de 2008.
  • ABC2: Segunda canle de televisión, emite só en TDT. Non depende dos fondos do Goberno. Emite noticias, competicións deportivas locais como as diferentes ligas de Rugby, e unha programación dedicada especialmente para a infancia. Creado en 2005.
  • ABC3: Terceira canle de televisión, emite só en TDT. O seu programación é exclusivamente infantil. Creado o 4 de decembro de 2009.[1]
  • ABC News 24: Cuarta cadea de televisión, transmitido en HD en substitución de ABC1 HD, Emite Noticias e Programas de Debate. Creado o 22 de xullo de 2010.[2]
  • ABC4 Kids:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]