Zombi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dun zombi haitiano.

Un zombi[1] (en crioulo haitiano: zonbi, e en francés haitiano: zombi) é un corpo morto que volve á vida mediante bruxería.[2] O concepto está popularmente asociado co vudú haitiano, pero non forma parte das prácticas formais da relixión.

De acordo coas crenzas, un houngan, bokor ou feiticeiro vudú, sería quen de resucitar a un morto, que quedaría sometido en adiante á vontade da persoa que o devolve á vida.[3]

Coloquialmente, e en senso figurado, zombi úsase para designar a quen fai as cousas mecánicamente como se estivese privado de vontade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zombi.
  2. . Oxford University Press. 1998.
  3. «Vodou» The Oxford Encyclopedia of African Thought, Volumen 1, Oxford University Press, 2010. ISBN: 9780195334739