Valve Corporation
| Localización | Kirkland, Estados Unidos |
|---|---|
| Persoas clave | Gabe Newell, Mike Harrington |
| Industria | Software |
| Produtos | Videoxogos |
| Páxina web | Valve Software |
Valve Software é unha empresa estadounidense de software no campo dos videoxogos. Fíxose mundialmente famosa polo seu primeiro xogo, Half-Life e por unha modificación deste xogo, Counter-Strike. As oficinas centrais de Valve Software atópanse en Kirkland, Estados Unidos.
Índice |
Historia [editar]
Valve Software foi formada en 1996 por Gabe Newell e Mike Harrington. Ambos eran ex-traballadores do xigante informático Microsoft e traballaran nos seus sistemas operativos Windows e OS/2 antes de pasarse ao mundo dos videoxogos.
Co seu primeiro xogo Valve tivo un tremendo éxito obtindo beneficios das súas expansións e mods. No seu traballo xunto á comunidade de xogadores atópanse títulos como Counter-Strike ou Day of Defeat. En maio de 2003, Valve Software causou un gran revuelo na feira E3 ao presentar o que parecía unha versión practicamente terminada de Half-Life 2.
Tras un atraso dun pouco máis dun ano, posiblemente debido ao roubo dunha parte do código fonte que sufriu Valve, Half-Life 2 foi lanzado o 16 de novembro de 2004 en todo o mundo mediante a súa plataforma Steam.
Software [editar]
Videoxogos [editar]
- Half-Life
- Half-Life: Source
- Half-Life 2
- Half-Life 2: Episode One: Continuación do argumento de Half-Life 2.
- Counter-Strike: Baseado en traballos de afeizoados.
- Team Fortress Classic
- Day of Defeat: Basado en traballos de aficionados.
- Day of Defeat: Source: Remake do original Day Of Defeat
- Counter-Strike: Source: Remake do orixinal Counter-Strike
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial (en inglés)