Yahoo!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Yahoo!

Yahoo! é unha empresa estadounidense de servizos de internet que ten como obxectivo ser "o servizo de Internet global máis esencial para consumidores e negocios". Conta cun portal web, un directorio web e outros servizos, incluíndo o popular Yahoo! Mail. Foi fundado por David Filo e Jerry Yang, formados da Universidade de Stanford, en xaneiro de 1994 e incorporado o día 2 de marzo de 1995. A sede da empresa fica en Sunnyvale (California).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]