Río Ter
| Bibei | |
|
O Ter en Sant Quirze de Besora |
|
| País | Cataluña, España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Ulldeter |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 208 km |
| Caudal medio | 25 m³/s |
| Conca | 3.010,5 km² |
| Desembocadura | Mar Mediterráneo |
O río Ter é un curso fluvial catalán, que desemboca no mar Mediterráneo despois dun curso de 208 km.
Índice |
Percorrido [editar]
O Ter nace en Ulldeter, nos Pireneos, a uns 2.300 metros de altitude, ao pé dun antigo circo glaciar que delimitan cimas relativamente próximas aos 3.000 metros, como o Bastiments, o Gra de Fajol ou o Pic de la Dona. As súas augas transcorren polas comarcas do Ripollès, Osona, a Selva, o Gironès e o Baix Empordà, até desembocar no mar Mediterráneo en Estartit. O seu curso totaliza 208 km, cunha conca de drenaxe de cerca de 3.010 km², descrita como unha conca exorreica cunha distribución claramente dendrítica. A súa achega media anual atinxe un volume de 840 hm³, con valores medios de descarga na desembocadura de 25 m³/s.
Réxime hidrolóxico [editar]
A pesar de nacer nos Pireneos, o río Ter recibe unha forte influencia dos regueiros das chairas do curso medio e baixo e, por este motivo, compórtase como un río de réxime intermedio, é dicir, presenta crecidas tanto na primavera como en outono.
Afluentes [editar]
Entre os principais tributarios do Ter cóntanse:
- pola dereita: Freser (con dous subafluentes pola súa beira dereita: río Núria e río Rigard), Gurri, Riera de Osor, Güell e Onyar.
- pola esquerda: Ritort, Brugent, Riera de Llémena e Terri.
Encoros [editar]
Na conca do Ter hai varias presas:
- Sau.
- Susqueda.
- Encoro do Pasteral.
- Encoro de Colomers.
- Encoro de Seva (no río Gurri).