Gobernador civil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gobernador civil foi a autoridade política nas provincias de España a partir da creación destas por Javier de Burgos en 1833.

Descrición[editar | editar a fonte]

Gobierno Civil de la Provincia de Lugo. Cargos contra José Ramón Fernández. Primero: es galleguista…, 26/12/1936.

Ten os seus antecedentes na figura dos xefes políticos como máxima autoridade provincial creado no artigo 324 da Constitución española de 1812. Este cargo foi derrogado por Fernando VII en 1814, e restablecido durante o Trienio liberal de 1820 a 1823.

Foi creado por Real Decreto do 23 de outubro de 1833 no que se establece a figura de subdelegado de Fomento, cuxas funcións versaban sobre agricultura, industria e comercio, minaría, municipios, policía xeral, instrución pública, sociedades económicas, hospitais e establecementos benéficos, cárceres, irmandades e confrarías, bibliotecas, museos, teatros e espectáculos, caza, pesca, prevencións xerais, camiños, canles etc. A estrutura administrativa era o subdelegado, un secretario, un oficial de primeira e outro de segunda, dous de terceira e outros dous de cuarta, e un porteiro. Nestes primeiros anos aparece coa denominación de Gobernador Civil, Subdelegado de Fomento ou Xefe Superior Político.

En 1847, no Real Decreto de 29 de setembro pásase a denominar unicamente como gobernador civil, nome que se mantivo até 1997, en que se creou a figura do subdelegado do goberno.

Ao longo destes anos producíronse varias modificacións legais que afectaban ás responsabilidades do cargo. Así, no Real Decreto de 14 de agosto de 1893 en que se suprimían as seccións de Fomento. En 1925 as súas funcións estaban establecidas na Administración Local e o Estatuto Provincial. O 10 de outubro de 1958 dotóuselles dun estatuto propio, outorgándolle ao cargo a máxima autoridade da provincia.

O 30 de maio de 1997[1] dáse o cesamento de tódolos gobernadores civís, pasando a converterse en subdelegado do Goberno, dependente do delegado do Goberno de cada Comunidade autónoma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lei 6/1997, de 14 de abril.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]