Renovación Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Renovación Española foi un partido político español monárquico afonsino e conservador presente durante a Segunda República Española.

O partido estaba liderada ao primeiro por Antonio Goicoechea ata que en 1934 José Calvo Sotelo se fixo cargo da súa dirección e que se converteu no referente da dereita máis extrema. Nas eleccións de 1936 constituíu o Bloque Nacional cos carlistas e outros monárquicos de dereita. O asasinato do seu líder o 13 de xullo de 1936 foi un dos detonantes do pronunciamento militar que deu comezo á Guerra Civil española.

Partido de cadros, estímase en 5.000 os seus militantes. Nas eleccións de 1933 obtivo 38 deputados e nas eleccións de 1936 22 escanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]