Julián Besteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julián Besteiro
Julián Besteiro.JPG
Julián Besteiro Fernández
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 21 de setembro de 1870
Lugar: Madrid, España Flag of Spain.svg
Falecemento: 27 de setembro de 1940
Lugar: Carmona, Sevilla, España Flag of Spain.svg
Organización: PSOE
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente da UXT (1925 - 1934)
Presidente do PSOE (1925 - 1932)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Catedrático e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Julián Besteiro Fernández, nado en Madrid o 21 de setembro de 1870 e falecido en Carmona o 27 de setembro de 1940, foi un político socialista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun comerciante de ultramarinos de orixe galega, ingresa ós nove anos na Institución Libre de Enseñanza, creada tres anos antes por Francisco Giner de los Ríos. O seu paso pola Institución deixou unha pegada imborrábel na personalidade de Besteiro, tivo como compañeiros de clase entre outros a Giner de los Ríos, Constancio Bernaldo de Quirós e Antonio e Manuel Machado.

En 1888 comeza os seus estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, con excelentes notas, conseguindo o doutorado en 1895. Nesta etapa universitaria coñece a Nicolás Salmerón e entra en contacto cas mocidades republicanas.

En 1896 marcha a París para ampliar estudos na Sorbona. En marzo de 1897 gaña a cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética do Instituto de Ourense, pasando ó ano seguinte ó de Toledo, onde estivo catorce anos. Neste tempo traduciu libros do francés e do inglés para completar os seus ingresos.

En 1903, Nicolás Salmerón e Alejandro Lerroux fundan a Unión Republicana, e Besteiro ingresa nela. O 8 de novembro dese ano é elixido concelleiro de Toledo.

Ó producirse, en 1908, a crise no seo de Unión Republicana entre Salmerón e Lerroux, e ó fracasaren no seu intento de conciliar ambas faccións, toma partido polo sector lerrouxista o cal resulta derrotado nos comicios dese ano. Tras esta derrota Lerroux funda o Partido Republicano Radical no que ingresa Besteiro e no que permanece até a súa volta dunha viaxe de ampliación de coñecementos por Alemaña, onde visita as universidades de Berlín, Múnic e Leipzig, logrando un dominio perfecto do alemán e tomando contacto cas teses marxistas alemás, identificándose ca corrente ortodoxa de Karl Kautsky, oposta á revisionista de Eduard Berstein.

En 1912 gañou a cátedra de Lóxica da Universidade de Madrid, en cuxa Facultade de Filosofía e Letras foi profesor de varias xeracións.

A súa actividade contra a Guerra de Marrocos levouno ó cárcere onde coñeceu a Andrés Saborit, a través do cal solicitou e obtivo o ingreso no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e no seu sindicato UXT, onde foi presidente da sección profesional de traballadores e vocal do Comité Nacional da UXT.

En 1913 contraeu matrimonio con Dolores Cebrián, profesora de Ciencias Físicas, que sería a compañeira constante da súa vida. Este mesmo ano é elixido concelleiro de Madrid.

O 9 de agosto de 1917, a UXT convoca unha folga xeral revolucionaria que non obtén os resultados esperados e Besteiro, xunto cos demais compoñentes do comité de folga, é xulgado por un tribunal militar e condenado a cadea perpetua, sendo trasladado á cadea de Cartagena. Non permaneceron alí moito tempo, porque nas eleccións de febreiro de 1918 todos os membros do comité de folga foron elixidos deputados e liberados, tras unha impresionante campaña, na que participaron relevantes personalidades como Manuel García Morente (que promove unha subscrición para ofrecerlle o soldo de catedrático mentres estivese no cárcere), Gumersindo de Azcárate ou Gabriel Alomar.

En 1923, ante a ditadura do xeneral Miguel Primo de Rivera, Besteiro, como moderado, é partidario da colaboración ofrecida polo ditador á UXT, coa intención de anular ó sindicato anarquista CNT. Esta colaboración non gozaba da xeral aquiescencia dentro do partido, o que lle leva a ter serias discrepancias con Indalecio Prieto, e ata con Largo Caballero, que aínda que si era partidario da colaboración quería xestionala de xeito persoal.


Membro das comisións executivas da UXT e do PSOE dende 1914, en 1925 sucede a Pablo Iglesias á fronte do PSOE. Nos últimos tempos da ditadura prodúcese outro motivo de rozamento entre Besteiro e os outros líderes do seu partido con motivo da participación no denominado Pacto de San Sebastián e a integración do partido socialista no Comité revolucionario que se constituíu na reunión de San Sebastián, xa que Besteiro opúñase a unha ruptura brusca. Ó triunfar as teses contrarias, na reunión do 22 de febreiro de 1931, dimite dos seus cargos do partido e do sindicato, seguido por varios dos seus máis inmediatos colaboradores.

II República[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 1931, nada máis proclamada a Segunda República Española, Besteiro é elixido presidente de Cortes Constituíntes, levando as súas deliberacións cunha neutralidade exquisita que todo o mundo recoñece, así coma o seu trato afable que lle vale unha homenaxe por parte da prensa acreditada na cámara, cuxa presidencia abandona finalmente en 1933.

Recuperou a presidencia da UXT en outubro 1932 pero volveu a dimitir en xaneiro de 1934 por considerar que se estaba radicalizando e ed dentro da súa liña moderada mantívose á marxe da política de Largo Caballero no PSOE que consideraba radical e que levou á revolución de 1934 en Asturias, á que sempre se opuxo no interior do partido.

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Cando estala a guerra civil volve ó concello madrileño como presidente do chamado Comité de Reforma, Reconstrución e Saneamento nun Madrid esnaquizado polas bombas nacionais. Discrepou abertamente dos sucesivos Gobernos republicanos mostrándose contrario á preponderancia dos comunistas e partidario de intentar unha paz negociada e seguíu dedicado á vida universitaria, sendo elixido decano da Facultade de Filosofía e Letras en outubro de 1936.

En maio de 1937, Manuel Azaña, presidente da República, designouno representante na coroación de Xurxo VI de Inglaterra, coa misión específica de facer unha sondaxe ós medios internacionais con vistas a unha paz negociada. Para iso entrevistouse con Anthony Eden e Léon Blum, xestións que non obtiveron resultados concretos.

Nos máis difíciles momentos do cerco de Madrid, cando o goberno da República se trasládase a Valencia négase a abandonar a cidade que nas eleccións de febreiro de 1936 saiu elixido deputado por máis de 224.000 votos. Así mesmo, négase a aceptar algunha das embaixadas que lle foron ofrecidas en diversas ocasións.

Dende agosto de 1938, visto o xiro negativo da contenda, pareceu Besteiro propicio a aceptar responsabilidades políticas que levasen ó fin da guerra civil. Por iso súmase á controvertida iniciativa do coronel Casado e forma parte do Consello de Defensa Nacional que, o 6 de marzo de 1939, deu un golpe de estado contra a tambaleante legalidade republicana, representada polo goberno presidido por Negrín, para iniciar unhas negociacións con Francisco Franco, coa mediación de Inglaterra. Negociacións que non obteñen resultados por canto, a estas alturas da guerra, Franco négase a todo o que non sexa unha rendición sen condicións.

O 28 de marzo de 1939, Besteiro, en calidade de conselleiro de Asuntos Exteriores do Consello casadista, xa doente, é detido nos baixos do actual Ministerio de Facenda, onde tiña o seu despacho, onde practicamente vivía e dende onde se dirixía frecuentemente por radio ós madrileños. Xulgado o 8 de xullo dese ano por un consello de guerra, foi condenado a trinta anos de prisión. Tras un breve paso por varios cárceres madrileños é trasladado finalmente á de Carmona (Sevilla) onde morreu debido, ó parecer, a unha septicemia mal diagnosticada e ás deficientes condicións do cárcere.

As súas últimas palabras antes de morrer foron:

Muero siendo socialista. Cuando la libertad en España vuelva a hacer a los hombres libres, quiero que mis restos sean envueltos en una bandera roja y enterrados al lado de la tumba del que fue mi maestro: Pablo Iglesias.

Foi enterrado provisialmente en Carmona, sendo trasladado en 1960 ó Camposanto Civil de Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cartas desde la prisión. Madrid. Alianza, 1988.
  • Los Juicios Sinteticos A Priori desde el Punto de Vista Lógico, 1912.
  • Marxismo y antimarxismo, 1935.
  • Obras completas, Madrid 1983. Centro de Estudios Constitucionales.

Bibliografía especializada[editar | editar a fonte]

  • De Blas Zabaleta, Patricia. Julián Besteiro. Editorial EDAF.
  • Llopis, Rodolfo. Vida, pasión y muerte de Julian Besteiro. Madrid, 1971.
  • Díaz, Carlos. Besteiro. Socialismo es libertad. Madrid, 1976.