Josep Tarradellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Tarradellas
Tarradellas03.jpg
Josep Tarradellas i Joan
125º President da Generalitat de Cataluña
Período: 19541980
Antecesor: Josep Irla
Sucesor: Jordi Pujol
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 19 de febreiro de 1899
Lugar: Cervelló, Cataluña Cataluña
Falecemento: 10 de xuño de 1988
Lugar: Barcelona, Cataluña Cataluña
Organización: Esquerra Republicana de Catalunya
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente da Generalitat de Cataluña (1954 - 1980)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Josep Tarradellas i Joan, nado en Cervelló o 19 de febreiro de 1899 e finado en Barcelona o 10 de xuño de 1988, foi un político catalán, presidente da Generalitat de Cataluña no exilio, desde 1954 ata a restauración da Generalitat en 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tarradellas accedeu ao posto de secretario xeral de Esquerra Republicana de Catalunya en 1931. Tamén será deputado das cortes españolas, Conselleiro de Gobernación e de Sanidade da Generalitat no goberno de Cataluña de 1931-1932 e no primeiro goberno posterior as eleccións de 1932, durante a presidencia de Francesc Macià. Durante a Guerra Civil española, dentro do goberno de Cataluña 1934-1939, encárgase das carteiras de Servizos Públicos, Economía e Cultura, chegando a Conselleiro Primeiro en setembro de 1936.

Exiliado en Francia desde 1939, converteuse en presidente da Generalitat en 1954, logo da dimisión de Josep Irla.

Retorna a Cataluña, sendo recibido pola multitude en Barcelona. A súa frase "Ja sóc aquí" (Xa estou aquí) ficou na memoria histórica catalá e española.

Restauración da Generalitat[editar | editar a fonte]

En 1977, morto xa Franco, encontrarase co presidente do Goberno español, Adolfo Suárez, para negociar o restablecemento da Generalitat catalana.

O 29 de setembro de 1977 o presidente español derroga a lei franquista de 1938 que eliminaba as institucións catalás e restablece a Generalitat provisoria. O 17 de outubro de 1977 noméase a Tarradellas como Presidente da Generalitat provisoria e a Frederic Rahola como Conselleiro da Presidencia.

Tarradellas forma un goberno de concentración con doce conselleiros, coa tarefa de preparar o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979, que sería aprobado en referéndum en novembro de 1979, para logo convocar eleccións ao Parlamento de Cataluña (1980). Tarradellas retiraríase da vida política a continuación, falecendo en 1988.


Seal of the Generalitat of Catalonia.svg
Generalitat de Cataluña

Segue a:
Josep Irla
Josep Tarradellas
Precede a:
Jordi Pujol
President