Braille

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

"PREMIER" en Braille
"PREMIER" en Braille

O Braille é un sistema de escritura táctil pensado para persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (cego dende a súa infancia debido a un accidente) a mediados do século XIX. Inventou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz.

O Braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.


Índice

[editar] Principios

Este sistema consiste xeralmente en celas de seis puntos en relevo, organizados como unha matriz de tres filas por dúas columnas, que convencionalmente se numeran de arriba abaixo e de esquerda a dereita, tal e como se mostra na seguinte figura.

Símbolo braille para la letra Z.
Símbolo braille para la letra Z.

A presenza ou ausencia de puntos permite a codificación dos símbolos. No Braille inglés os códigos das letras minúsculas, a maioría dos signos de puntuación, algúns caracteres especiais e algunhas palabras, codifícanse directamente con unha cela, pero as maiúsculas e os números son representados ademais con outro símbolo como prefixo.

Existen códigos Braille para representar taquigrafía (xerado por unha máquina que marca os puntos sobre unha cinta de papel) e para representar notacións matemáticas e musicais.

O Braille foi ampliado a un código de oito puntos, de tal maneira que unha letra individual pode ser codificada nunha soa cela, podendo representar unha cela calquer carácter ASCII. As 256 combinacións posibles de oito puntos están codificadas segundo o estándar Unicode.

O Braille pode ser reproducido usando unha prancha e un buril, de forma que cada punto é xerado dende o dorso da páxina, escrito nunha imaxe á inversa (como a que se obtén ao mirar por un espello), feito a man ou impreso con unha máquina de escribir Braille, por unha impresora Braille conectada a un ordenador, ou mediante un dispositivo Braille.

[editar] Alfabeto Braille de seis puntos

[editar] Notación inglesa

  • Letras e números



  • Outros símbolos


[editar] Exemplo

Por exemplo, as dúas celas

representan o número seis (prefixo de número + F).

[editar] Alfabeto Braille con codificación Unicode

Braille Letter Braille Letter
A 1 T
B 2 U
C 3 V
D 4 W
E 5 X
F 6 Y
G 7 Z
H 8 Maiúsculas
I 9 Prefixo de número
J 0 Punto
K Coma
L Signo de interrogación
M Punto e coma
N Signo de exclamación
O Comillas iniciais
P Comillas finais
Q Paréntese
R Guión
S    

[editar] Transcrición do Braille

Braille Writer
Braille Writer

A pesar de que é posible transcribir Braille substituindo cada carácter polo seu equivalente impreso, este tipo de transcrición carácter a carácter, coñecida como Braille de grao 1, só a utilizan os principiantes.

Os caracteres Braille ocupan moito máis espazo que os seus equivalentes impresos, e a páxina estándar de 28 cm × 28 cm (11" × 11") só ten espazo para 25 liñas de 40 caracteres. Coa fin de reducir espazo e aumentar a velocidade de lectura, practicamente tódolos libros impresos en Braille empregan o sistema de transcrición Braille de grao 2, que se basea nun sistema de contraccións. Ó igual que a maioría das actividades lingüísticas, o Braille de grao 2 abrangue unha gran variedade de métodos, estilos e prácticas. O libro Instruction Manual for Braille Transcribing consta de preto de 200 páxinas. A transcrición do Braille é un traballo especializado, e os profesionais que se dedican a el teñen que ter unha serie de certificados.

O sistema Braille de grao 3 inclúe un maior número de contraccións, a maioría de taquigrafía. Non se emprega para a publicacón, pero si é usado por moitos particulares para a súa propia comodidade.

Os dólares canadenses actualmente en curso constan dunha serie de puntos nos seus billetes, que indican a súa denominación e poden ser facilmente identificables por xente con problemas de vista. Este sistema non está baseado no sistema Braille, senón que foi desenvolto en colaboración con xente invidente e con problemas de vista, despois de que un estudo indicara que non tódolos potenciais usuarios eran capaces de ler Braille.

A pesar de que o Braille está pensado para ser o principal sistema de lectura e escritura para persoas invidentes, o seu uso é minoritario, por exemplo en Gran Bretaña de entre dous millóns de persoas con problemas de vista estímase que tan só entre 15.000 e 20.000 delas empregan o sistema Braille. A xente xove prefire no seu lugar o texto electrónico, xa que é máis portátil e lles permite ademais comunicarse cos seus amigos. Actualmente hai un debate aberto de como facer máis atractivo o Braille, e como conseguir máis mestres que sexan capaces de ensinalo.

[editar] O Braille noutros idiomas

Existen múltiples extensións do Braille para incluir letras adicionais con diacríticos, como ç, ô, é.

Cando o Braille se adapta a idiomas que non empregan o alfabeto latino, os símbolos do dito alfabeto asígnanse de acordo a como se transcribirían no alfabeto latino, sen ter en conta a orde alfabética. Este é o caso do ruso, o grego, o hebreo, o árabe e o chinés. En grego, por exemplo, gamma escríbese coma a letra latina g, a pesar de que a súa posición é a terceira no alfabeto (ó igual que a c no alfabeto latino). A letra hebrea beth, a segunda do alfabeto e a que se corresponde coa b latina, escríbese porén v, xa que é así como habitualmente se pronuncia. A ts rusa, escríbese como c, porque esa é comunmente a letra para /ts/ nos idiomas eslavos que empregan o alfabeto latino. En árabe f escríbese como f, aínda que historicamente sería una p. No Braille chinés, baseado no alfabeto Zhuyin, existen símbolos adicionais para os sons, ditongos e combinacións de vogal máis consoante final, ademais dos símbolos do Braille latino para as consoantes iniciais e as vogais simples; hai sistemas diferentes dependendo da variedade do chinés que se considere.

Polo menos dúas adaptacións do Braille tiveron que reasignar completamente os sons dos diferentes símbolos:

  • O Braille xaponés
  • O Braille coreano

No Braille xaponés, os signos alfabéticos para unha consoante e unha vogal combínanse nun só símbolo silábico. No Braille coreano, por outra parte, as consoantes teñen formas diferentes dependendo de se van ó comezo ou ó final da sílaba. Estas modificacións fan que o Braille sexa moito máis compatible có xaponés e o coreano, pero implica que os sons latinos non se poden manter.

[editar] Curiosidades

En España, a ONCE ensina a ler e escribir neste código e edita unha grande cantidade de documentos en Braille.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais