Jorge Semprún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Semprún
Jorge Semprun.jpg
Jorge Semprún Maura
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 10 de decembro de 1923
Lugar: España Madrid, España
Falecemento: 7 de xuño de 2011
Lugar: París, Francia
Organización: Partido Comunista de España
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Ministro de Cultura (1988 - 1991)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Escritor e cineasta
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Jorge Semprún Maura, tamén escrito Jorge Semprun, nado en Madrid o 10 de decembro de 1923 e falecido en París o 7 de xuño de 2011[1], foi un escritor, político e cineasta español, aínda que a maior parte da súa obra realizouna en lingua francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jorge Semprún naceu nunha familia de clase alta: o seu avó materno foi Antonio Maura (Presidente do Goberno cinco veces durante o reinado de Alfonso XIII). O seu pai foi o intelectual republicano José María Semprún Gurrea, profesor e xurista, gobernador civil ao comezo da República. Xa dende moi novo, frecuentou os ambientes culturais e filosóficos da época grazas ás amizades do seu pai.

En febreiro de 1939 a súa familia exiliouse en Francia, país co que estaban bastante vinculados. En 1941, Semprún iniciou os seus estudos de Filosofía na Sorbona e ingresou nas ringleiras da Resistencia; en 1942 afiliouse ó Partido Comunista Francés e logo, ao abandonar este, ao Partido Comunista de España. Colaborou en accións de sabotaxe ata que foi capturado pola Gestapo en setembro de 1943. Tiña 19 anos pero por mor das súas actividades subversivas foi internado no campo de exterminio de Buchenwald ata que o campo foi liberado polas tropas de Patton o 11 de abril de 1945. Esta experiencia marcaría gran parte da súa vida e da súa obra.

Durante os anos 1945-1953 viviu en París, traballando na UNESCO ata 1952; en 1952 o seu traballo no PCE volveuse predominante.

Durante os anos 1953-1962 viviu na clandestinidade en España, onde ocupou cargos directivos na organización. Ascendeu ó comité central do PCE en 1954 e posteriormente ó comité executivo en 1956. Non obstante, en 1962, foi retirado da actividade clandestina por Santiago Carrillo e substituído por Julián Grimau, e en 1964 foi expulsado do partido por disentir da liña oficial marcada por Santiago Carrillo e Dolores Ibárruri, La Pasionaria.

Inicios da carreira literaria[editar | editar a fonte]

Trala súa expulsión, Semprún instalouse en Francia e iniciou a súa carreira literaria. Pronto acadou o prestixioso premio Formentor por A longa viaxe (Le grand voyage), a partir das súas vivencias durante a súa deportación a Buchenwald. A esta novela seguiríanlle A segunda morte de Ramón Mercader (La deuxième mort de Ramón Mercader) (1969) coa que gañou o premio Fémina, Aquel domingo (Quel beau dimanche!) (1980), A algarabía (L'algarabie) (1981), A montaña branca (La montagne blanche) (1986) e Netchaiev volveu (Netchaïev est de retour) (1987). Todas estas obras escribiunas en francés, case a súa lingua materna. Só por traducións foron coñecidas en España.

En castelán escribiu Autobiografía de Federico Sánchez (1977), coa que gañou o premio Planeta e que versaba sobre a súa militancia comunista e os seus anos na clandestinidade en España (época durante a cal un dos seus nomes falsos foi Federico Sánchez).

Guións de cine[editar | editar a fonte]

Tamén escribiu algúns guión de cine: Z (Constantin Costa-Gavras), A confesión (L'aveu, Costa-Gavras), O atentado (L'attentat, Yves Boisset), As estradas do sur (Les routes du Sud, Joseph Losey), case todos filmes de contido político. Destaca sobre todo A guerra terminou (La guerre est finie, dirixida por Alain Resnais), película autobiográfica sobre os seus anos na clandestinidade da loita comunista en España. Tamén dirixiu, a partir do seu propio guión, As dúas memorias (Les deux mémoires, 1973).

En España: os anos do recoñecemento[editar | editar a fonte]

En 1988 Jorge Semprún foi nomeado Ministro de Cultura por Felipe González, daquela Presidente do Goberno de España. Permaneceu no cargo ata 1991. Sobre esta experiencia no goberno escribiu Federico Sánchez despídese de vostedes (Federico Sánchez se despide de ustedes). No ano 1994 foi recoñecido co Premio da Paz da Feira do Libro de Frankfurt. En 1995 publicou un dos seus mellores libros, o ensaio autobiográfico A escrita ou a vida (L'écriture ou la vie), na que rememora os seus padecementos no campo de Buchenwald e o seu regreso á "normalidade" trala liberación.

En 1996 foi elixido membro da francesa Academia Goncourt en homenaxe pola súa dedicación ás letras francesas. En 1997 outorgóuselle o premio Xerusalén de Literatura. En 1999 recibiu o premio Nonino.

En 2010 a escritora Franziska Augstein publicou a súa biografía, titulada Lealtad y traición. Jorge Semprún y su siglo. Os últimos meses da súa vida pasounos no hospital George Pompidou de París, mais finalmente faleceu na súa casa da rúa da Universidade na rive Gauche de París[2]. Estivo casado con Colette Leloup, e tivo varios fillos e netos. Foi soterrado en Garentreville, a canda a súa muller. O goberno de España concedeulle a Orde das Artes e das Letras a título póstumo[3].


Predecesor:
Javier Solana Madariaga
Escudo de España.svg
Ministro de Cultura de España

1988 - 1991
Sucesor:
Jordi Solé Tura

Obra[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Participou como guionista (salvo onde se indica o contrario) nas seguintes longametraxes:

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]