Jordan Crawford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordan Crawford
Jordan Crawford.jpg
Xinjiang Flying Tigers – No. 26
Escolta / Base
Información persoal
Nacemento 23 de outubro de 1988 (26 anos)
Flag of Michigan.svg Detroit, Michigan
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso 88 kg (195 lb)
Instituto Hargrave Military Academy (Chatham, Virginia)
Información da carreira
Universidade Indiana (2007–2008)
Xavier (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 27

Escollido por New Jersey Nets

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2010–2011)
Washington Wizards (2011–2013)
Boston Celtics (2013–2014)
Golden State Warriors (2014)
Xinjiang Flying Tigers (2014–presente)

Jordan Lee Crawford, nado o 23 de outubro de 1988 en Detroit, Michigan é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga para os Xinjiang Flying Tigers da Chinese Basketball Association (CBA). Xogou na Universidade de Indiana e na de Xavier.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 27ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados máis tarde aos Atlanta Hawks. Alí xogou a súa primeira tempada, onde xogou 16 partidos nos que fixo 4.2 puntos por encontro.

O 23 de febreiro de 2011, Crawford foi traspasado aos Washington Wizards, xunto con Maurice Evans e Mike Bibby. O 8 de marzo de 2011, Crawford 22 puntos contra os Milwaukee Bucks, o máximo da súa traxectoria nese intre. O 15 de marzo, superou esa marca, anotando 27 puntos na derrota contra os Chicago Bulls. Superouno outra vez nese mesmo mes, o día 30, anotando 39 puntos na derrota contra Miami Heat. O 1 de abril do 2011, Crawford conseguiu o seu primeiro triple-dobre da súa traxectoria profesional, conseguindo 21 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes contra os Cleveland Cavaliers.

O 21 de febreiro de 2013, Crawford foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Leandro Barbosa e Jason Collins.[1]

O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Crawford e a MarShon Brooks ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]