Lazar Hayward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lazar Hayward
Lazar hayward.jpg
Houston Rockets – No. 11
Aleiro
Información persoal
Nacemento 26 de novembro de 1986 (28 anos)
Flag of New York.svg Buffalo, Nova York
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto Notre Dame Prep School
Información da carreira
Universidade Marquette
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 30

Escollido por Washington Wizards

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2010-2011)
Oklahoma City Thunder (2011-2012)
Houston Rockets (2012-presente)
Información en nba.com

Lazar Miller Hayward, nado o 26 de novembro de 1986 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Antes xogou para a Universidade de Marquette.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado polos Washington Wizards na 30ª posición do Draft da NBA de 2010, e os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves pouco despois de ser drafteado.

O 13 de decembro de 2011, Hayward foi traspasado aos Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft e Robert Vaden. O 2 de marzo de 2012, foi asignado aos Tulsa 66ers da NBA D-League.[1] Foi chamado de volta polos Thunder o 4 de marzo tras facer 28 puntos por partido en dous encontros cos Tulsa 66ers.

O 27 de outubro de 2012, Hayward foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]