Luke Harangody

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luke Harangody
Luke Harangody's head.png
Fort Wayne Mad Ants – No. 22
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de xaneiro de 1988 (26 anos)
Illinois Decatur, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 112 kg (246 lb)
Instituto Andrean High School
Información da carreira
Universidade Notre Dame
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 52

Escollido por Boston Celtics

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Boston Celtics (2010-2011)
Cleveland Cavaliers (2011-2012)
Canton Charge (2012)
Fort Wayne Mad Ants (2012-presente)

Lucas Cameron "Luke" Harangody, nado o 2 de xaneiro de 1988 en Decatur, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que dende o ano 2012 forma parte do equipo dos Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League. Mide 2,03 e xoga de ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Fighting Irish da Universidade de Notre Dame, nos que fixo unha media de 19,2 puntos e 9,5 rebotes por partido.[1] Tendo en conta unicamente os 65 partidos disputados ante equipos do seu mesma conferencia, a Big East, é o único xogador da historia da mesma en facer máis de 20 puntos e 10 rebotes por encontro.[2]

Na súa primeira tempada tardou pouco en destacar, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre ante Butler no seu segundo partido oficial, logrando 17 puntos e 10 rebotes.[3] Sería o primeiro dos sete que conseguiu ao longo da tempada, sendo titular en 16 dos 32 partidos, logrando a súa mellor actuación ante Marquette, conseguindo 22 puntos e 13 rebotes.

Na súa tempada sophomore fixo 20,4 puntos e 10,6 rebotes por partido, o que lle colocou como o máximo anotador e o segundo mellor reboteador da conferencia. Anotou 10 ou máis puntos en 32 dos 33 partidos disputados, logrando 29 dobre-dobres. A súa marca de anotación conseguiuno ante Louisville, con 40 puntos, aos que engadiu 12 rebotes e 4 asistencias. Ao termo da tempada foi elixido Xogador do Ano da Big East Conference, e incluído no segundo equipo do All-American.

Na súa terceira tempada volveu liderar a súa conferencia en anotación, con 23,2 puntos, e volveu ser segundo en rebotes, con 12,0 por partido. O seu mellor rexistro da tempada conseguiuno novamente ante Louisville, con 32 puntos, xunto co seu mellor marca reboteadora, 17 capturas. Foi novamente elixido no mellor quinteto da conferencia e no segundo quinteto do All-American. Xa na súa última tempada liderou ao seu equipo en anotación, con 21,8 puntos, e en rebotes, con 9,1. Conseguiu 20 ou máis puntos en 18 partidos. A súa actuación máis destacada foi ante Cincinnati, logrando 37 puntos e 14 rebotes.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo Partidos Min.  %TC  %TL Pts. Reb. Asts. Rou. Tap. FP
2006-07 Notre Dame Fighting Irish
32
45,9 81,6 52,7 11,2 6,2 1,2 0,9 0,5 2,6
2007-08 Notre Dame Fighting Irish
33
50,0 76,3 63,0 20,4 10,6 1,7 0,8 0,9 2,6
2008-09 Notre Dame Fighting Irish
34
45,9 77,7 63,0 23,3 11,8 2,1 0,9 0,9 2,3
2009-10 Notre Dame Fighting Irish
30
48,1 78,7 67,2 21,8 9,1 1,6 0,5 0,7 2,3

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na quincuaxésimo segunda posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics,[4] con quen asinou en agosto un contrato por dúas tempadas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]