Ryan Reid
| Tulsa 66ers – No. 42 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de outubro de 1986 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | Boyd Anderson HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | Florida State |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 2 / Elección: 57
Escollido por Indiana Pacers |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Tulsa 66ers (NBA D-League) (2010-2011) Oklahoma City Thunder (2011-2012) →Tulsa 66ers (NBA D-League) (2012) Tulsa 66ers (NBA D-League) (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Ryan Reid, nado o 30 de outubro de 1986 en Lauderdale Lakes, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Tulsa 66ers da NBA Development League.
Índice |
Traxectoria profesional[editar]
Reid era elixible automaticamente para o Draft da NBA de 2010 tras rematar os catro anos de universidade. Os Oklahoma City Thunder foron o único equipo NBA que o viron traballar antes do draft.[1] Foi en cambio elixido polos Indiana Pacers na 57ª posición e os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Thunder a cambio dos dereitos de Magnum Rolle, a elección número 51.[2] A súa elección foi considerada unha sorpresa no draft xa que algúns analistas non consideraban que estivera no top 100 de eleccións para o draft.[3] En cambio, os Thunder estaban xa impresionados coas habilidades defensivas de Reid e o seu traballo, e decidiron darlle unha oportunidade.
Xogou na Summer League de 2010 en Orlando cos Thunder. Xogou en catro partidos, acadando 8.3 puntos e 3.8 rebotes en 16.0 minutos por partido.[4] Con todo, non recibiu ningunha oferta de contrato nin invitación para o Training Camp dos Thunder para a tempada 2010-11.[5] O 26 de novembro de 2010, foi fichado polos Tulsa 66ers, o afiliado da D-League dos Thunder.
O 21 de marzo de 2012, foi cortado polos Thunder tras pasar de novo polos Tulsa 66ers.[6] Volveu aos 66ers o 23 de marzo de 2012.
Notas[editar]
- ↑ Carter, Andrew (16 de xullo de 2010). "Florida State's Ryan Reid goes on improbable journey from role player to NBA Draft pick". Orlando Sentinel. Tribune Company. http://articles.orlandosentinel.com/2010-07-16/sports/os-carter-florida-state-reid-0717-20100716_1_entire-draft-nba-draft-oklahoma-city. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ "Thunder Acquires Pleiss, Williams, Reid and Future First Round Pick in 2010 NBA Draft". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 24 de xuño de 2010. http://www.nba.com/thunder/news/team_release2_2010_06_25.html. Consultado o 25 de xuño de 2010.
- ↑ Biderman, David (14 de xullo de 2010). "Meet the Nba's Non-LeBron". The Wall Street Journal. Dow Jones & Company, Inc. http://online.wsj.com/article/SB10001424052748704518904575365154204015926.html. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ "2010 NBA Summer League Statistics – Ryan Reid". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. http://www.nba.com/summerleague2010/players/ryan_reid/. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ "Thunder open training camp". USA Today. Gannett Co, Inc. 28 de setembro de 2010. http://www.usatoday.com/sports/basketball/nba/2010-09-28-1282959531_x.htm. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ "Thunder Signs Derek Fisher". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de xaneiro de 2012. http://www.nba.com/thunder/news/fisher_release_120321.html. Consultado o 25 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ryan Reid en NBA.com (en inglés)
- Ryan Reid en NBA.com/DLeague (en inglés)
- Ryan Reid Draft 2010 en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas na universidade Ryan Reid en ESPN.com (en inglés)
- Estatísticas na universidade en Sports-Reference.com (en inglés)
- Biografía Ryan Reid en Florida State Seminoles (en inglés)