Kevin Seraphin
| Washington Wizards – No. 13 | |
| Ala-pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de decembro de 1989 (23 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 125 kg (275 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 17
Escollido por Chicago Bulls |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| Cholet Basket (2008-2010) Washington Wizards (2010-actualidade) |
|
| Información en nba.com | |
Kevin Séraphin, nado o 7 de decembro de 1989 en Cayenne, Güiana Francesa é un xogador francés de baloncesto profesional que foi seleccionado na 17ª posición no draft da NBA de 2010 polos Chicago Bulls. Foi inmediatamente traspasado aos Washington Wizards, xunto con Kirk Hinrich e algo de diñeiro.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Seraphin comezou a xogar ao baloncesto en 2004.[1] Entrou na academia de xuvenís do Cholet Basket en 2006 antes de unirse ao primeiro equipo e facer o seu debut profesional na tempada 2008-09 co Cholet Basket na Pro A League. En 69 partidos co Cholet, fixo 4.56 puntos e 3.52 rebotes en 12.6 minutos de xogo, entre as tres competicións que disputaba o equipo.[2]
Foi elixido na 17ª posición do draft da NBA de 2010 polos Chicago Bulls. O 8 de xullo de 2010, Seraphin foi traspasado aos Washington Wizards xunto a Kirk Hinrich nun intercambio polos dereitos de Vladimir Veremeenko.[3]
Selección nacional de Francia [editar]
Seraphin foi chamado para o equipo nacional sub-20 para xogar con Francia o Campionato de Europa da FIBA do ano 2009, e axudou á súa selección a gañar a medalla de prata.
Notas [editar]
- ↑ http://www.cholet-basket.com/UserFiles/File/Newsletter/Newsletter%2009-10/Newsletter%20Cholet%20Basket%20N75%20-%20Kevin%20Seraphin%20-%20saison%2009-10.pdf
- ↑ http://www.cholet-basket.com/Equipes/Detail.aspx?NumEquipier=103&CodeEquipe=ProA
- ↑ "Wizards Acquire Kirk Hinrich and Draft Rights to Kevin Seraphin From Chicago". NBA.com. http://www.nba.com/wizards/news/hinrich-seraphin_100708.html. Consultado o 2010-07-08.