Ed Davis
| Memphis Grizzlies – No. 32 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xuño de 1989 (23 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 98 kg (215 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | North Carolina |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 13
Escollido por Toronto Raptors |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Toronto Raptors (2010-2013) Memphis Grizzlies (2013-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Edward Adam "Ed" Davis, nado o 5 de xuño de 1989 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Xogou para a Universidade de Carolina do Norte antes de convertirse en xogador profesional.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Davis foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Toronto Raptors. O 6 de xullo de 2010, asinou o seu contrato cos Raptors.[1] Tras un mes en Toronto, Davis foi enviado á NBA D-League, aos Erie Bayhawks. O 29 de novembrode 2010, Davis foi chamado polos Raptors tras facer 10 puntos, 5 rebotes e 3 tapóns por partido, despois de que o ala-pivote dos Raptors Reggie Evans se mancara o pé esquerdo. O 1 de decembro de 2010, fixo o seu debut na NBA con 11 puntos, 6 rebotes e 2 tapóns.
O 30 de xaneiro de 2013, Davis foi traspasado ós Memphis Grizzlies xunto a Tayshaun Prince e Austin Daye dos Detroit Pistons, nun traspaso entre tres equipos que mandou ademais ó seu compañeiro José Calderón ós Pistons, e a Rudy Gay e Hamed Haddadi dos Grizzlies ós Raptors.[2]