Luke Babbitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luke Babbitt
Luke Babbitt Blazers.jpg
New Orleans Pelicans – No. 8
Aleiro
Información persoal
Nacemento 20 de xuño de 1989 (24 anos)
Flag of Ohio.svg Cincinnati, Ohio
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto Galena HS (Reno, Nevada)
Información da carreira
Universidade Nevada (2008–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 16

Escollido por Minnesota Timberwolves

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2010–2013)
Idaho Stampede (D-League) (2010–2012)
BC Nizhny Novgorod (2013–2014)
New Orleans Pelicans (2014–presente)
Información en nba.com

Luke Robert Babbitt, nado o 20 de xuño de 1989 en Cincinnati, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). Xogou na Universidade de Nevada-Reno dúas tempadas antes de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010 despois do seu ano coma sophomore.[1] Foi seleccionado polos Minnesota Timberwolves na 16ª posición do Draft, e foi traspasado despois aos Portland Trail Blazers.

NBA[editar | editar a fonte]

No Draft da NBA de 2010 foi seleccionado na 16ª posición polos Minnesota Timberwolves. Os seus dereitos foron traspasados xunto co aleiro de Minnesota Ryan Gomes aos Portland Trail Blazers a cambio de Martell Webster.[2] Babbitt asinou o seu contrato coma rookie cos Blazers o 6 de xuño de 2010.[3] O 8 de decembro de 2010, os Trail Blazers asignaron a Babbitt aos Idaho Stampede da NBA D-League.[4] Foi chamado de volta dez días despois.[5] O 3 de marzo de 2011, foi asignado outra vez aos Idaho Stampede.[6]

O 4 de febreiro de 2014, asinou cos New Orleans Pelicans.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]