Mike Bibby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Bibby
MikeBibbyMiamiHeat.jpg
Axente libre
Base
Información persoal
Nacemento 13 de maio de 1978 (35 anos)
Flag of New Jersey.svg Cherry Hill, Nova Jersey
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso 88 kg (195 lb)
Instituto Shadow Mountain HS
Información da carreira
Universidade Arizona Wildcats
NBA Draft 1998 / Rolda: 1 / Elección: 2

Escollido por Vancouver Grizzlies

Carreira dende 1998
Historial de equipos
Vancouver Grizzlies (1998-2001)
Sacramento Kings (2001-2008)
Atlanta Hawks (2008-2011)
Washington Wizards (2011)
Miami Heat (2011)
New York Knicks (2011-2012)
Premios e galardóns
1x Campión da NCAA (1997)
1º Equipo Rookies NBA (1999)
Información en nba.com

Michael "Mike" Bibby, nado o 13 de maio de 1978 en Cherry Hill, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre. É un base que foi ao Shadow Mountain High School en Phoenix, Arizona e despois xogou cos Wildcats da Universidade de Arizona. En 1998, foi elixido no Draft polos Vancouver Grizzlies. Xogou, ademais dos Grizzlies, cos Sacramento Kings, Atlanta Hawks, Washington Wizards e Miami Heat.

Universidade[editar | editar a fonte]

Coma freshman en Arizona, Bibby liderou aos Wildcats ao campionato da NCAA en 1997,[1] anotando 20 puntos no partido polo título contra Kentucky. Despois da súa tempada coma sophomore, Bibby entrou no Draft da NBA de 1998 e foi elixido polos Memphis Grizzlies na 2ª posición.[2]

NBA[editar | editar a fonte]

Vancouver Grizzlies[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada cos Grizzlies, Bibby acadou 13.2 puntos, 6.5 asistencias e 2.7 rebotes por partido, sendo así incluido no primeiro equipo de rookies da NBA, na tempada do lockout. Mellorou eses números nas seguintes dúas tempadas co equipo, facendo 14.5 e 15.9 puntos por partido respectivamente,[3] pero os Grizzlies seguían con dificultades. O 27 de xuño de 2001, xusto antes de que os Grizzlies se marcharan a Memphis, Bibby e Brent Price foron traspasados aos Sacramento Kings a cambio de Jason Williams e Nick Anderson.[4]

Sacramento Kings[editar | editar a fonte]

Na tempada 2001-02, Bibby guiou aos Kings ás Finais da Conferencia Oeste, onde perderon contra Los Angeles Lakers.[5] A actuación de Bibby nas series, quizáis o máis memorable foi o seu lanzamento gañador no 5º partido, deulle a reputación de xogador forte e loitador, e coma premio, asinou un contrato por 7 anos con valor de 80.5 millóns de dólares.[6]

Na tempada 2002-03, Bibby foi castigado polas lesións, xogando só en 55 partidos, pero aínda así acadou 15.9 puntos por partido, e os Kings obtiveron unha marca de 59-23, e conseguiron a segunda praza no Oeste.[7] Na tempada 2003-04, Bibby acadou uns dos mellores números da súa carreira, anotando 1.506 puntos (18.4 por partido) e axudando aos Kings a chegar aos Playoffs.[8] Bibby axudou aos Kings a gañar aos Dallas Mavericks na primeira rolda, anotando 36 puntos, a súa mellor marca de anotación nos playoffs, no 5º partido.[9]

Atlanta Hawks[editar | editar a fonte]

O 16 de febreiro de 2008, os Atlanta Hawks obtiveron a Bibby a cambio de Shelden Williams, Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2008.[10][11]

A pesar das lesións que tivo, Bibby fixo 14.1 puntos e 6.6 asistencias por partido, traballando cun ataque pouco familiar, para liderar aos Hawks a xogar os seus primeiros Playoffs en case dez anos.

O 7 de xullo de 2009, Bibby e os Hawks acordaron un contrato por 3 anos cun valor de 18 millóns de dólares.

Washington Wizards[editar | editar a fonte]

O 23 de febreiro de 2011, Atlanta traspasou a Bibby aos Washington Wizards, xunto con Jordan Crawford, Maurice Evans e unha elección da primeira rolda do Draft de 2011, a cambio de Kirk Hinrich e Hilton Armstrong.[12] O 28 de febreiro de 2011, Bibby acordou o fin de seu contrato, onde el mesmo pagaría o salario de 6.2 millóns do seu último ano, e foise dos Wizards.[13][14] Xogou tan só dous partidos co equipo.

Miami Heat[editar | editar a fonte]

O 2 de marzo de 2011, os Miami Heat ficharon a Bibby, tras cortar a Carlos Arroyo para facerlle oco no equipo.[15]

New York Knicks[editar | editar a fonte]

O 11 de decembro de 2011, asinou un contrato cos New York Knicks.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dienhart, Tom (1999-03-09). "The Sweetest 16". http://www.sportingnews.com/archives/sports2000/numbers/146309.html. Consultado o 2007-06-27. 
  2. Kendrick, Graham. "Draft History - 2nd Picks". http://www.nba.com/grizzlies/features/draft_history_second_picks-070517.html. Consultado o 2007-06-27. 
  3. "Mike Bibby basketball-reference.com Profile". http://www.basketball-reference.com/players/b/bibbymi01.html. Consultado o 2007-06-27. 
  4. "Mike Bibby usabasketball.com Profile". Arquivado do orixinal o 2006-12-31. http://web.archive.org/web/20061231085619/http://www.usabasketball.com/biosmen/mike_bibby_bio.html. Consultado o 2007-06-27. 
  5. "Horry's buzzer-beater stuns Kings". CNN. 2002-05-26. http://sportsillustrated.cnn.com/basketball/nba/2002/playoffs/news/2002/05/26/kings_lakers_ap/. Consultado o 2007-06-27. 
  6. "Kings sign Bibby to $80 million contract". 2002-08-16. http://www.sportsline.com/nba/story/5612089. Consultado o 2007-06-27. 
  7. "NBA 2002–2003". http://www.basket-stats.info/nba/2002-2003/teams/west/sacramento.htm. Consultado o 2007-07-27. 
  8. "#10". http://sports.espn.go.com/nba/players/splits?statsId=3245&sYear=2004&sType=4. Consultado o 2007-07-27. 
  9. "Bibby hits for 36, Nowitzki misses at the buzzer". 2004-04-29. http://sports.espn.go.com/nba/recap?gameId=240429023. Consultado o 2007-07-27. 
  10. ESPN - King-size surprise: Hawks, not LeBron's Cavs, get Bibby - NBA
  11. "Atlanta Hawks Acquire Mike Bibby From Kings". NBA.com. February 16, 2008. http://www.nba.com/hawks/news/Hawks_Acquire_Bibby_021608.html. Consultado o March 2, 2011. 
  12. "Hawks acquire Hinrich from Wizards for playoff run". NBA.com. Associated Press. 23 de febreiro de 2011. http://www.nba.com/2011/news/02/23/wizards-hawks-trade/index.html?ls=iref:nbahpt2. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  13. Wallace, Michael (1 de marzo de 2011). "Heat expect to sign Mike Bibby". ESPN.com. http://sports.espn.go.com/nba/truehoop/miamiheat/news/story?id=6171168. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  14. Broussard, Chris (1 de marzo de 2011). "Source: Mike Bibby headed to Heat". ESPN.com. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=6167769. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  15. "Heat Signs Mike Bibby". NBA.com. 2 de marzo de 2011. http://www.nba.com/heat/news/heat_signs_mike_bibby_110302.html. 
  16. Knicks add Bibby, Jeffries, sign pair of draft picks

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]