Eric Bledsoe
| Los Angeles Clippers – No. 12 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de decembro de 1989 (23 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
| Peso | 88 kg (195 lb) |
| Instituto | Parker High School (Birmingham, Alabama) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Kentucky Wildcats |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 18
Escollido por Oklahoma City Thunder |
| Carreira | dende 2010 |
| Información en nba.com | |
Eric Bledsoe, nado o 9 de decembro de 1989 en Birmingham, Alabama, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da NBA. Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. Foi considerado coma un dos mellores bases do país cando estaba no instituto.
Universidade [editar]
Bledsoe xogou un ano cos Kentucky Wildcats, onde acadou 11.3 puntos por partido. Aínda que é principalmente un base, xogou a maioría dos partidos coma escolta. Os Wildcats acadaron unha marca de 35-3.
NBA [editar]
O 7 de abril de 2010, Bledsoe anunciou que ía saltarse as súas últimas tres tempadas universitarias para entrar no Draft da NBA de 2010.[1] Foi recomendado pola súa rapidez, a súa habilidade co balón nas mans e de tiro dende lonxe. Bledsoe foi a 18ª elección no Draft da NBA de 2010, elixido polos Oklahoma City Thunder, aínda que foi traspasado inmediatamente aos Los Angeles Clippers.[2]
Notas [editar]
- ↑ "Kentucky frosh to try for NBA". freep.com. April 7, 2010. http://www.freep.com/article/20100408/SPORTS08/4080402/1049/Sports/Kentucky-frosh-to-try-for-NBA.
- ↑ [1] spoonhoops.com