Al-Farouq Aminu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Al-Farouq Aminu
Axente libre
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 21 de setembro de 1990 (33 anos)
Xeorxia Atlanta, Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Nixeria Nixeria
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Norcross (Norcross, Xeorxia)
Universidade Wake Forest (2008–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Los Angeles Clippers
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2010–2011)
New Orleans Hornets/Pelicans (2011–2014)
Dallas Mavericks (2014–2015)
Portland Trail Blazers (2015–2019)
Orlando Magic (2019–2021)
Chicago Bulls (2021)

Al-Farouq Ajiede Aminu, nado en Atlanta (Xeorxia) o 21 de setembro de 1990, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aminu foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Los Angeles Clippers. O 14 de decembro de 2011, os Clippers traspasaron a Aminu, Chris Kaman, Eric Gordon e unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 aos New Orleans Hornets a cambio de Chris Paul e dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft.[1] O 29 de xullo de 2014, Aminu asinou cos Dallas Mavericks.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HORNETS ACQUIRE GORDON, AMINU, KAMAN AND FIRST ROUND PICK". NBA.com. 14 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  2. "MAVERICKS SIGN FREE AGENT AL-FAROUQ AMINU". mavs.com. 29 de xullo de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]