James Anderson
| Bakersfield Jam | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de marzo de 1989 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 98 kg (215 lb) |
| Instituto | Junction City High School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Oklahoma State |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 20
Escollido por San Antonio Spurs |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
|
|
James Lee Anderson, nado o 25 de marzo de 1989 en El Dorado, Arcansas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Bakersfield Jam da NBA Development League. Xogou antes para os Oklahoma State Cowboys na universidade.
Índice |
NBA [editar]
Anderson foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2010 polos San Antonio Spurs.
Xogou en seis partidos no comezo da tempada, antes de quedarse fóra debido a unha rotura do quinto metatarso do seu pé dereito. O 26 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Austin Toros da NBA D-League,[1] para coller forma ao volver a xogar.[2] Anderson xogou dous partidos para os Toros, antes de ser chamado polos Spurs tres días despois.[3] Con todo, o 7 de febreiro, foi asignado outra vez aos Austin Toros,[4] onde xogou en cinco partidos máis, antes de ser chamado polos Spurs o 23 de febreiro.[5] Os Spurs non exerceron a súa opción para renovalo durante o verán, e Anderson converteuse en axente libre.
En setembro de 2012, Anderson asinou cos Atlanta Hawks.[6] Foi cortado polos Hawks o 27 de outubro de 2012.[7] Despois diso, Anderson foi fichado polos Bakersfield Jam da NBA Development League.[8]
Notas [editar]
- ↑ "Spurs assign James Anderson to Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 26 de xaneiro de 2011. http://www.nba.com/spurs/news/spurs_assign_james_anderson_to_toros_110126.html. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
- ↑ Tim Griffin (16 de xaneiro de 2011). "Anderson likely headed for D-League for rehab by end of week". Spurs Nation (Hearst Corporation). http://blog.mysanantonio.com/spursnation/2011/01/16/anderson-likely-headed-for-d-league-for-rehab-by-end-of-week/. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Spurs recall James Anderson from Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 29 de xaneiro de 2011. http://www.nba.com/spurs/news/james_anderson_recalled_110129.html. Consultado o 7 de febreiro de 2011.
- ↑ "Spurs assign James Anderson to Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 7 de febreiro de 2011. http://www.nba.com/spurs/news/james_anderson_to_toros_110207.html. Consultado o 7 de febreiro de 2011.
- ↑ "James Anderson recalled from the Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 23 de febreiro de 2011. http://www.nba.com/spurs/news/james_anderson_recalled_110223.html. Consultado o 23 de febreiro de 2011.
- ↑ Hawks add James Anderson, Keith Benson, Damion James, Carldell Johnson, Anthony Tolliver to training camp
- ↑ Atlanta Hawks waive James Anderson and Damion James
- ↑ Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps