Evan Turner
| Philadelphia 76ers – No. 12 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de outubro de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Instituto | St. Joseph, Westchester, Illinois |
| Información da carreira | |
| Universidade | Ohio State |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Philadelphia 76ers |
| Carreira | dende 2010 |
| Información en nba.com | |
Evan Marcel Turner, nado o 27 de outubro de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga para os Philadelphia 76ers da NBA. Turner foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Philadelphia 76ers. É coñecido co alcume de The Villain.
Índice |
NBA [editar]
Philadelphia 76ers (2010–present) [editar]
O 7 de abril de 2010, Turner fixo unha rolda de prensa na que anunciou que ía renunciar ao seu último ano de universidade e ser elixible para o Draft da NBA de 2010, onde se agardaba que fora escollido nunha das 3 primeiras posicións.[1] Turner asinou co axente de Michael Jordan, David Falk.[2]
Foi seleccionado na 2ª posición do draft polos Philadelphia 76ers,[3] e asinou un acordo de 3 anos por preto de 12 millóns de dólares.[4]
O 27 de outubro de 2010, no seu debut cos 76ers (día do seu cumpreanos), Turner anotou 16 puntos, con 7 rebotes e 4 asistencias, saíndo dende o banco, xogando 30 minutos, e liderando ao equipo en anotación na derrota por 97-87 contra Miami Heat.[5] O 7 de novembro de 2010, Turner xogou por primeira vez de titular na NBA, e rematou o partido cun dobre-dobre, con 14 puntos e 10 rebotes, ademais de 3 asistencias, na vitoria por 106-96 sobre os New York Knicks, xogando en lugar do lesionado Andre Iguodala.[6] O 29 de decembro de 2010, Turner anotou 23 puntos, a súa maior marca, na vitoria por 123-110 contra os Phoenix Suns, anotando 9 de 12 tiros de campo e 4 de 4 tiros libres.[7]
Notas [editar]
- ↑ EvanTurner.org, ETFanNews. "Video: Evan Turner Announces Going Pro". EvanTurner.org. http://evanturner.org/2010/04/evan-turner-officially-declares-for-2010-nba-draft-press-conference.
- ↑ "David Falk signs Evan Turner". USA Today. 2010-05-06. http://content.usatoday.com/communities/gameon/post/2010/05/david-falk-signs-evan-turner/1. Consultado o 2010-05-16.
- ↑ Maaddi, Rob (24 de xullo de 2010). "76ers take Evan Turner at No. 2". USA Today. http://www.usatoday.com/sports/basketball/nba/2010-06-24-3785373088_x.htm. Consultado o 2010-08-02.
- ↑ "Sixers Sign Rookie Evan Turner". COMCAST SPORTSNET PHILADELPHIA L.P.. 14 de xullo de 2010. http://www.csnphilly.com/07/14/10/Sixers-Sign-Rookie-Evan-Turner/landing.html?blockID=271398&feedID=704. Consultado o 2010-08-02.
- ↑ "Heat 97 (1–1, 1–1 away): 76ers 87 (0–1, 0–1 home)". ESPN. 27 de outubro de 2010. http://sports.espn.go.com/nba/boxscore?gameId=301027020. Consultado o 2010-11-02.
- ↑ "Amare Stoudemire's 21 points not enough as 76ers defeat Knicks". ESPN. 7 de novembro de 2010. http://sports.espn.go.com/nba/recap?gameId=301107018. Consultado o 2010-11-08.
- ↑ "76ers 123 (13–19, 5–13 away); Suns 110 (13–17, 7–7 home)". ESPN. 29 de decembro de 2010. http://sports.espn.go.com/nba/boxscore?gameId=301229021. Consultado o 2011-01-01.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en RealCollegeBasketball.com
- Perfil en ESPN.com (Universidade)
- Perfil en ESPN.com (NBA)
- Perfil en NBA.com
- Perfil en OhioStateBuckeyes.com
- archives en Chicago Tribune