Larry Sanders
| Milwaukee Bucks – No. 8 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de novembro de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | VCU |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 15
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2010 |
| Información en nba.com | |
Larry Sanders, nado o 21 de novembro de 1988 en Fort Pierce, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,08 metros xoga na posición de ala-pivote.
Índice |
Traxectoria[editar]
Instituto[editar]
Sanders non xogou ao baloncesto até noveno curso, xa que a súa escola privada non ofrecía deportes. Posteriormente trasladouse ao Instituto Port St. Lucie, onde fixo medias de 18,9 puntos e 13 rebotes por partido no seu ano senior, e liderou a Port St. Lucie a un balance de 20 vitorias e 8 derrotas e ao campionato District 13-5A. Sanders foi incluído no mellor equipo do estado.
Universidade[editar]
Na súa primeira tempada na Virginia Commonwealth University, Sanders foi incluído no mellor quinteto de novatos da Colonial Athletic Association e no mellor quinteto defensivo. No seu segundo ano cos Rams fixo medias de 11,3 puntos e 8,6 rebotes por partido e foi coroado como mellor defensor da súa conferencia.[1] A súa progresión continuou na súa terceira e última campaña na universidade, facendo 14,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,6 tapóns por partido, e sendo nomeado por segundo ano consecutivo mellor defensor da conferencia. Ademais, foi incluído no mellor quinteto da CAA. Larry Sanders anunciou en abril de 2010 a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010.
Profesional[editar]
Foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2010 por Milwaukee Bucks.