Landry Fields
| Toronto Raptors – No. 2 | |
| Escolta / Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de xuño de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Stanford (2006–2010) |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 2 / Elección: 39
Escollido por New York Knicks |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| New York Knicks (2010-2012) Toronto Raptors (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Landry Fields, nado o 27 de xuño de 1988 en Long Beach, California, é un xogador americano de baloncesto profesional, que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria universitaria[editar]
Fields xogou no baloncesto universitario para a Universidade de Stanford. Xogou 14 minutos por partido no seu primeiro ano, e foi mellorando ano a ano os seus números, ata chegar ó seu derradeiro ano coma un dos mellores xogadores na Conferencia Pac-10.
Fields rematou a súa tempada coma senior liderando a Pac-10 en anotación e en rebotes, pese a xogar de escolta e aleiro. Foi incluido no primeiro mellor equipo da Pac-10. Os seus 22 puntos por partido fixéronlle situarse na 8ª posición de anotadores do país.
Traxectoria profesional[editar]
Fields foi elixido na 39ª posición do Draft da NBA de 2010 polos New York Knicks.[1] Tras unha gran actuación na liga de verán e na pretempada, comezou de titular no primeiro partido de liga. O 16 de novembro de 2010, Fields conseguiu os seus máximos da súa carreira con 21 puntos e 17 rebotes na derrota contra os Denver Nuggets.[2]
O 6 de febreiro de 2011, superou ese máximo ao anotar 25 puntos na vitoria contra os Philadelphia 76ers. [3]
Fields gañou o premio ao Rookie do Mes da Conferencia Leste nos meses de novembro e decembro do 2010. [4]
Grazas á súa gran tempada coma rookie, foi elixido no primeiro equipo de rookies da NBA da tempada 2010-11. Fields foi elixido para xogar co Team Shaq no Rising Stars Challenge de 2012.[5]
O 11 de xullo de 2012, Fields asinou un acordo cos Toronto Raptors, cun valor de 20 millóns de dólares en tres anos.[6] Os Knicks decidiron non igualar a oferta e Fields uniuse oficialmente ós Raptors o 14 de xullo de 2012.[7]
Notas[editar]
- ↑ http://www.nba.com/knicks/draft/rautinsfields100624.html
- ↑ Beck, Howard (November 17, 2010). 1/17/sports/basketball/17knicks.html?ref=basketball "Neither Anthony Nor Knicks Are at Their Best". The New York Times. http://www.nytimes.com/2010/1 1/17/sports/basketball/17knicks.html?ref=basketball.
- ↑ "NBA game results, Feb. 7". The San Francisco Chronicle. 7 de febreiro de 2011. http://www.sfgate.com/cgi-bin/article.cgi?f=/c/a/2011/02/07/SPER1HJLA7.DTL.
- ↑ Abrams, Jonathan (3 de xaneiro de 2011). "Knicks' Danilo Gallinari to Miss 2-3 Weeks". The New York Times. http://www.nytimes.com/2011/01/04/sports/basketball/04knicks.html?ref=basketball.
- ↑ "2012 Rising Stars Challenge". NBA. 21 de xaneiro de 2012. http://www.nba.com/allstar/2012/rising-stars-12/index.html.
- ↑ "Raptors Sign Landry Fields To Offer Sheet". NBA.com. 2012-07-11. http://blog.raptors.com/press-releases/raptors-sign-landry-fields-to-offer-sheet/. Consultado o 2012-07-12.
- ↑ "Raptors Sign Landry Fields". NBA.com. 2012-07-15. http://blog.raptors.com/press-releases/raptors-sign-landry-fields/. Consultado o 2012-07-15.