Paul George

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul George
PaulGeorge.jpg
Indiana Pacers – No. 13
Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 2 de maio de 1990 (24 anos)
Flag of California.svg Palmdale, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 100 kg (221 lb)
Instituto Pete Knight High School
Información da carreira
Universidade Fresno State Bulldogs
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 10

Escollido por Indiana Pacers

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Indiana Pacers (2010–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2013-2014)
2º Equipo de Rookies NBA (2011)
Terceiro Equipo All-NBA (2013)
Información en nba.com

Paul George, nado o 2 de maio de 1990 en Palmdale, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA). George foi elixido na 10ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Indiana Pacers tras xogar dous anos na universidade cos Fresno State Bulldogs.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

George asinou o seu contrato rookie o 1 de xullo de 2010, por dous anos por 3.9 millóns de dólares.[1]

O 27 de outubro, George fixo o seu debut na NBA contra os San Antonio Spurs, xogando 23 minutos e anotando 4 puntos. Nos playoffs de 2011, George foi un dos tan só dous rookies do Draft de 2010 que foron titulares para os seus equipos, sendo o outro Landry Fields dos New York Knicks. Ó remate da tempada, George foi incluído no segundo equipo de rookies de 2011 da NBA.

O 3 de febreiro de 2012, George anotou 30 puntos, fixo 7 triplas, 9 rebotes, 5 asistencias, 5 roubos e 1 tapón na vitoria contra os Dallas Mavericks. Foi seleccionado para competir no concurso de mates do NBA All-Star Weekend de 2012, ademais de ser elixido membro do Team Chuck no Rising Stars Challenge.

O 21 de novembro de 2012, George anotou 9 de 13 triplas intentadas, para anotar 37 puntos, a máxima anotación da súa carreira, na vitoria contra os New Orleans Hornets. Esta marca de 9 triplas convertiuse no récord da franquía de máis triplas anotadas nun partido, superando a Reggie Miller. O 24 de xaneiro de 2013, anunciouse que George foi seleccionado para xogar no NBA All-Star Game de 2013 en Houston. Esta foi a primeira vez que George foi elixido All-Star.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]