Gordon Hayward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gordon Hayward
Utah Jazz – No. 20
Aleiro
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1990 (24 anos)
Flag of Indiana.svg Brownsburg, Indiana
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 94 kg (207 lb)
Instituto Brownsburg High School
Información da carreira
Universidade Butler
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 9

Escollido por Utah Jazz

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Utah Jazz (2010-actualidade)
Información en nba.com

Gordon Daniel Hayward[1], nado o 23 de marzo de 1990 en Brownsburg, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da NBA. Xogou para a Universidade de Butler en Indianapolis dúas tempadas antes de irse á NBA. Hayward salientou na súa tempada coma sophomore (segundo ano), liderando aos Butler Bulldogs a un gran remate do torneo da NCAA de 2010.[2] Foi elixido polos Utah Jazz na 9ª posición do Draft da NBA de 2010.

NBA[editar | editar a fonte]

Hayward xogou en 72 partidos na súa tempada coma rookie en Utah, acadando 5.4 puntos por partido e unha porcentaxe do 47% en triplas. No comezo da tempada, xogou pouco para os Jazz, pero foi gañando minutos a medida que avanzaba a tempada, e respondeu cun gran xogo nos últimos partidos. Fixo un gran partido contra os Los Angeles Lakers o 5 de abril, xogando mellor que Kobe Bryant nese partido, e facendo grandes xogadas nos derradeiros minutos para axudar á vitoria dos Jazz por 86-85.[3] Hayward rematou con 22 puntos, 6 rebotes e 5 asistencias, e a súa defensa fixo que Bryant tivera unha actuación horrible, con 7 perdas de balón, e tan só 6 de 18 de tiros de campo. Hayward rematou a tempada coa mellor marca da súa carreira, 34 puntos, na vitoria por 107-103 contra os Denver Nuggets.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]