Walmart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°21′51″N 094°12′59″O / 36.36417, -94.21639

Walmart, Inc.

Walmart en Bentonville
TipoCapital aberto; cotiza como un compoñente do Promedio Industrial Dow Jones e do S&P 500)
Fundación1962
LocalizaciónBentonville, Arkansas, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorSam Walton
IndustriaVenda polo miúdo
Número de empregados2 200 000 aprox. (2020)[1]
Notas
[2][3][4]
Na rede
https://www.walmart.com, https://www.walmartphotocentre.ca/, https://photos.walmart.com/, https://www.walmart.ca/, https://www.walmart.com.mx/, https://grocery.walmart.com/ e https://walmartmexico.com.mx/
Facebook: walmart Twitter: Walmart Instagram: walmart Youtube: UC701pqb1-HJPS4RMjSmK4Yg Pinterest: walmart TikTok: walmart Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.

Walmart é a maior corporación pública do mundo segundo a listaxe Fortune Global 500 de 2020. É o maior vendedor polo miúdo do mundo e ofrece a maior oferta de emprego privado no mundo, con máis de 2 millóns de empregados. É unha empresa familiar, porque a familia Walton posúe o 48 % da compañía.[5] É tamén unha das empresas máis valiosas do mundo.[6] Tamén é o propietario e o operador de Sam's Club, unha cadea de clubs de almacéns.[7][8]

Walmart ten case 11 000 tendas baixo 65 marcas en 28 países e conta con páxinas web de comercio electrónico en once países.[9] Opera a marca Walmart nos Estados Unidos, incluídos os 50 estados e Porto Rico. Opera no Canadá e en México con tendas WalMart Supercenter e Sam's Club; no Reino Unido é coñecida como Asda; no Xapón como Seiyu; en Chile como Líder e na India como Best Price.

Historia[editar | editar a fonte]

Tenda orixinal de «Walton's Five and Dime» en Bentonville, Arkansas, operada por Sam Walton. Agora é centro de visitantes de Walmart.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

En 1945, Sam Walton, un empresario e antigo empregado de J. C. Penney, comprou unha sucursal de Ben Franklin Stores, propiedade de Butler Brothers.[10] Walton concentrouse en vender produtos a baixo prezo para obter un maior volume de vendas cunha menor marxe de ganancia. Esta estratexia presentouna como unha campaña a favor do consumidor. Con todo, tivo contratempos debido a que tanto o prezo do alugamento como o prezo de compra da sucursal foron inauditamente altos, mais foi capaz de conseguir provedores con custos máis baixos que os empregados por outtras tendas. Transferiu o que aforraba aos prezos dos seus produtos.[11] As vendas aumentaron un 45 por cento no primeiro ano de ser o dono, chegando ata os 105 000 dólares no ingreso anual, que aumentou a 140 000 o seguinte ano e a 175 000 o ano posterior. Ao quinto ano, a tenda tivo uns ingresos de 250 000 dólares estadounidenses. Cando expirou o contrato de arrendamento do local, Walton non puido chegar a un acordo para renovalo, así que abriu unha nova franquía de Ben Franklin en Bentonville, Arkansas, que chamou Walton's Five and Dime.[12]

O 2 de xullo de 1962, Walton abriu a primeira tenda de Walmart Discount City no 719 de Walnut Avenue en Rogers, Arkansas. Durante os primeiros cinco anos, a empresa expandiuse a 24 tendas ao longo de Arkansas e chegou aos 12,6 millóns de dólares en vendas.[13] En 1968, abriu as súas primeiras tendas fóra de Arkansas, en Sikeston, Missouri e Claremore, Oklahoma.[14]

Incorporación e crecemento[editar | editar a fonte]

A empresa foi constituída como Wal-Mart Stores, Inc. o 31 de outubro de 1969. En 1970, abriu a súa oficina principal e primeiro centro de distribución en Bentonville, Arkansas. Tivo 38 tendas en operación e 1500 empregados, con vendas de 44,2 millones de dólares. Comezou a cotizar como unha compañía pública o 1 de outubro de 1970, e axiña se colocou na bolsa de Nova York. O seu desdobramento de accións ocorreu en maio de 1971 a un prezo de mercado de 47 dólares. Nese momento, Walmart estaba operando en cinco estados. Arkansas, Kansas, Luisiana, Missouri e Oklahoma; entrou en Tennessee en 1973 e en Kentucky e Mississippi en 1974. Cando se expandiu a Texas en 1975, Walmart tiña 125 tendas con 7500 empregados e un total de 340,3 millóns de dólares en vendas.[14] Walmart abriu a súa primeira tenda en Texas en Mount Pleasant o 11 de novembro de 1975.[15]

Na década de 1980, Walmart continuou o seu rápido crecemento e no momento do seu 25.º aniversario en 1987 tiña 1198 tendas operando e 200 000 asociados.[14] Ese ano marcou tamén a conclusión da rede de satélite da empresa, un investimento de 24 millóns de dólares que vinculou todas as unidades operativas da empresa coa súa oficina en Bentonville por vía de transmisión bidireccional de voz e datos e comunicación unidireccional de vídeo. Nese momento, foi a maior rede de satélite privada, permitindo a oficina corporativa rastrexar o inventario e as vendas e instantneamente comunicarse coas súas tendas.[16] En 1988, Sam Walton renunciou ao seu cargo como director executivo, e foi substituído por David Glass.[17] Walton permaneceu como conselleiro de administración.

Interior dun Walmart Supercenter en West Plains, Missouri

En 1988, abriu a primeira tenda Walmart Supercenter en Washington, Missouri.[18] Grazas a estes supermercados, Walmart superou a Toys "R" Us nas vendas de xoguetes a finais da década de 1990.[19] A empresa tamén abriu tendas no estranxeiro, entrando en América do Sur en 1995 con tendas na Arxentina e no Brasil; e en Europa en 1999, comprando Asda no Reino Unido por 10 mil millóns de dólares.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2012 Form 10-K, Wal-Mart Stores, Inc." (en inglés). Google. 
  2. "Wal-Mart Form 10K: Portions of Annual Report to Shareholders" (en inglés). United States Securities and Exchange Commission. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  3. "Wal-Mart Corporate and Financial Facts" (PDF). Wal-Mart Stores, Inc. (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2010. 
  4. "UK Fact Sheet" Arquivado 12 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Wal-Mart Stores, Inc. Agosto de 2011. Consultado o 23 de abril de 2012 (en inglés)
  5. Troy, Mike (21 de abril de 2011). "Walton family ownership reaches 48.2% level". RetailingToday (en inglés). 
  6. "Market Cap Rankings". Ycharts (en inglés). Zacks Investment Research. 8 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2012. Consultado o 9 de abril de 2012. 
  7. ""Walmart 2010 Annual Report" (PDF). Walmart (en inglés). 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  8. "Sam's Club" (en inglés). Wal-Mart Stores, Inc. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2011. 
  9. Daniel, Fran (29 de setembro de 2010). "Head of Walmart tells WFU audience of plans for growth over next 20 years". Winston-Salem Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 29 de setembro de 2010. 
  10. Walton, Sam; Huey, John (1993). Sam Walton: Made in America: My Story (en inglés). Nova York: Bantam Books. ISBN 978-0-553-56283-5. 
  11. Tedlow, Richard S. (23 de xullo de 2001). "Sam Walton: Great From the Start - HBS Working Knowledge". 
  12. Frank, T.A. (1 de abril de 2006). "A Brief History of Wal-Mart". The Washington Monthly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2006. Consultado o 24 de xullo de 2006. 
  13. "The Rise of Walmart". Frontline: Is Wal-Mart Good for America? (en inglés). 16 de novembro de 2004. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "The Wal-Mart Timeline." Wal-Mart (publicado en walmartfacts.com. Consultado o 24 de xullo de 2006 (en inglés)
  15. Halkias, Maria (30 de outubro de 2005). "Living with Walmart 30 years later, Texas both cheers and fears discount behemoth: Lone Star State has been changed, as has giant retailer". The Moon (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2011. 
  16. Ranade, Sudhanshu (17 de xullo de 2005). "Satellite Adds Speed to Wal-Mart". The Hindu Business Line (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 24 de xullo de 2006. 
  17. Longo, Donald (15 de febreiro de 1988). "Wal-Mart Hands CEO Crown to Glass - David Glass". Discount Store News (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2008. 
  18. "Wal-Mart Tests Similar Hypermarkets - Hypermart USA, Wal-Mart SuperCenter". Discount Store News (en inglés). 28 de marzo de 1988. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2008. Consultado o 19 de abril de 2007. 
  19. Byrnes, Nanette; Eidam, Michael (29 de marzo de 2004). "Toys 'R' Us: Beaten at Its Own Game". BusinessWeek (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  20. Buerkle, Tom (15 de xuño de 1999). "$10 Billion Gamble in U.K. Doubles Its International Business: Wal-Mart Takes Big Leap into Europe". International Herald Tribune (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 19 de xullo de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barbara Ehrenreich. Nickel and Dimed: On (Not) Getting By in America (2001). ISBN 0-8050-6388-9
  • Bob Ortega. In Sam We Trust: The Untold Story of Sam Walton and Walmart, the World's Most Powerful Retailer (1998). ISBN 0-8129-6377-6
  • Charles Fishman. The Wal-Mart Effect: How the World's Most Powerful Company Really Works—and How It's Transforming the American Economy (2006). ISBN 978-1-59420-076-2
  • Greg Palast. The Best Democracy Money Can Buy (2002). ISBN 0-7453-1846-0
  • Paul Ingram, Lori Qingyuan Yue, e Hayagreeva Rao. "Trouble in Store: Probes, Protests, and Store Openings by Wal‐Mart, 1998–2007," American Journal of Sociology, xullo de 2010, Vol. 116, No. 1: pp. 53–92. doi 10.1086/653596
  • Nelson Lichtenstein. The Retail Revolution: How Wal-Mart Created a Brave New World of Business (2009). ISBN 978-0-8050-7966-1
  • Robert Slater. The Walmart Decade: How a New Generation of Leaders Turned Sam Walton's Legacy into the World's #1 Company (2003). ISBN 1-59184-006-6
  • Sandra Stringer Vance e Roy V. Scott. Wal-Mart: A History of Sam Walton's Retail Phenomenon (Twayne's Evolution of Modern Business Series) (1997). ISBN 978-0-8057-9832-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]