Samuel Hahnemann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Hahnemann.

Christian Friedrich Samuel Hahnemann, máis coñecido como Samuel Hahnemann, nado en 1755 e finado en 1843, foi un médico saxón, fundador da medicina homeopática. A Hahnemann tamén se lle atribúe a introdución da práctica da corentena no Reino de Prusia durante o seu servizo ao Duque de Anhalt-Köthe. Foi un gran médico. Cando comezou a formular os principios da homeopatía (do grego Homeo , semellante, e pathos , sufrimento ou enfermidade), en fins do século 18, o horror que nutría pola medicina tradicional do seu tempo era xustificado. Entre os recursos médicos da época contábanse a aplicación de sanguessugas, os enteroclismas (lavados intestinais), as sangrias, a administración masiva de drogas perigosas e outros métodos invasivos que xeralmente facían máis mal que ben.

Partindo de observacións feitas dende o uso do extracto de quinina, que, usado en persoas sàdias, parecía producir os mesmos síntomas da enfermidade que era usado para tratar a malaria - chamada entón de febre dos pantanos -, Hahnemann formulou o primeiro axioma da homeopatía , coñecido como Lei dos Semellantes. Outros dous axiomas da homeopatía son a Lei do Remedio Único, que establece que o remedio máis eficaz é a sustancia pura que produza os mesmos efectos da enfermidade a combater, aplicada en dose única; e na Lei de Dose Mínima, ou dos infinitesimais, que se refire á dilución do principio activo, o famoso e polémico principio do "canto máis diluído máis forte".

A dilución, chamada en homeopatía de potenciación ou dinamización implica unha secuencia progresiva de dilución e axitación rítmica, a chamada sucussão. A primeira dilución obtense engadindo-se unha parte do principio activo a nove partes de disolvente, xeralmente auga ou alcohol. Fai-se a continuación a sucussão percutindo-se ritmicamente o bote coa solución contra un anteparo, xeralmente unha tira de coiro. A potencia da solución obtida é de 1DH na escala decimal hahnemanniana, é dicir, unha parte en dez. Para obter-se a potencia 2DH, o mesmo sistema decimal, mestura-se unha parte da solución anterior en nove de auga, o que resulta en solución cunha parte de soluto en 100 (1 seguido de dous ceros) de disolvente. Similarmente, obtense as potencias seguintes, de 3DH ata dilucións extremas como 30DH, é dicir, 1/1030, unha parte de soluto en volume de disolvente representado polo número un seguido de trinta ceros.