Placebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catro placebos

Un placebo é unha sustancia farmacolóxicamente inerte que se utiliza como control nun ensaio clínico. O placebo é capaz de provocar un efecto positivo a certos individuos doentes, si estes non saben que están recibindo un medicamento falso e que creen que é un verdadeiro. Isto denomínase efecto placebo e é debido a causas psicolóxicas.

Índice

Importancia biomédica [editar]

A administración de placebos (do latín placēbō, “complaceré”, futuro indicativo da primeira persoa do singular de placeō ”Eu comprazo”)[1] pode promover unha melloría ou unha curación. A porcentaxe de éxitos dependerá sempre do tipo de enfermidade, da personalidade do paciente e da capacidade de suxestión do médico ou calquera outro medio. Os placebos posúen na medicina práctica unha importante misión, pero existe consenso en que deben cumprirse dúas condicións relevantes para ser empregados fóra dos ensaios farmacolóxicos:

  • Cando non é posible unha farmacoterapia auténtica, e
  • Cando existe o convencimento que mediante este falso medicamento efectúase unha psicoterapia.

Observando as limitacións indicadas non existe en principio obxeción algunha fronte ao uso de placebos, pero debe tratarse de sustancias completamente inertes, que non posúan accións colaterais farmacodinámicas.[2]

No entanto, está claro que o efecto placebo non pode curar calquera enfermidade. Un cancro, por exemplo, non é tratable con só influencia psicolóxica. Os efectos só se limitan a aliviar síntomas relativamente superficiais e non a curar realmente a enfermidade de fondo; a menos que desde o comezo a enfermidade en cuestión non existise e só se tratase dun desequilibrio psicolóxico (compensado logo tamén psicoloxicamente).

O contrario do efecto placebo é o efecto nocebo.


Composición e funcionamento [editar]

O paciente non debe saber cal destas pildoras é de azucre. A efectividade das demais depende da diferenza do efecto con esta.

Normalmente os placebos utilizados profesionalmente adoitan ser simplemente caramelos (azucre). É dicir, sen ningún composto activo. Con todo, calquera sustancia pode actuar como placebo, incluso un vaso de auga pura. Por exemplo, científicamente está demostrado que os remedios da homeopatía non son máis que simple auga.[3] É dicir, no fondo non son máis que placebos vendidos fraudulentamente coma se fosen medicamentos reais.

O único compoñente importante de todo placebo é o psicolóxico. É dicir, o efecto placebo funciona con base na suxestión. Cando un paciente fácilmente suxestionable recibe un placebo e pensa que se trata dun medicamento real, o seu sistema nervioso xeneralmente comeza a desenvolver dopamina, unha sustancia química responsable dos efectos da melloría. De feito, o factor psicolóxico se evidencia ata tal punto que as pastillas de azucre fabricadas en tamaños máis grandes fornecen máis efecto que as pequenas, e as de cores vivas máis efecto que as brancas.


Véxase tamén [editar]

Notas [editar]