Sangría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sangría nunha copa.

A sangría é un ponche tipicamente español a base de viño. Adoita estar composta da seguinte maneira:

  • Viño tinto.
  • Froita picada ou rebandada.
  • Un adozador como o mel.
  • Un pouco de ron.
  • Xeos

Con todo, os ingredientes da sangría varían moito, especialmente, en canto á froita, licores, e ao engadido ou non de sodas diversas. Ás veces a sangría vén dada a base de viño branco no canto do tinto, polo cal recibe o nome de sangría branca.