Ambroise Vollard
Ambroise Vollard (Saint-Denis, Illa de Reunión, Francia, xullo de 1868 - París, agosto de 1939), foi un tratante de pintura e galerista francés.
Biografía [editar]
Deixou moi novo a súa illa natal para estudar en Montpellier e mais París. Na capital desenvolve unha paixón pola pintura que lle leva a abrir a súa galería de arte en 1890.
Expoñerá as obras de numerosos artistas hoxe cualificados de maiores, como Paul Gauguin, Henri Matisse, Paul Cézanne ou Pierre-Auguste Renoir. Ademais manterá con moitos deles lazos de amizade.
En 1898, Pierre Bonnard, Ker-Xavier Roussel e Édouard Vuillard realizaron por petición de Vollard unha serie de litografías en cor.
En xuño de 1901 organizou a primeira exposición de obras de Pablo Picasso.
Tamén foi amigo de Maurice de Vlaminck e contribuíu en grande medida ao seu recoñecemento.
Logo de coñecer a Alfred Jarry adicouse á escritura (Ubu colonial) e lanzouse ao mundo editorial para publicar obras de poetas ilustradas polos seus pintores favoritos. En 1900 lanzou a primeira: unha edición de Parallèlement de Paul Verlaine ilustrada por Pierre Bonnard. Incluía múltiples esceas de lesbianismo e foi un fracaso comercial.
Morreu o 23 de agosto de 1939 nun accidente de tráfico. Picasso deu o seu nome (Suite Vollard) a unha serie de augafortes, hoxe considerada a máis importante do século XX.