Arte xaponesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de xardín xaponés (Século XIX, Saihoji, Kyoto, Patrimonio da Humanidade)

A Arte xaponesa abarca un amplo abanico de estilos e medios artísticos, incluindo a antiga cerámica, escultura en madeira e broce, pintura en tinta en papel de seda, e moitos outros tipos de traballos artísticos. Ten tamén unha longa historia, que vai dende os primeiros asentamentos no Xapón, ao redor do décimo milenio antes da nosa era, até o presente.

Historicamente, o Xapón foi obxecto de repentinas chegadas de novas ideas do exterior, seguidas de longos periódos de contacto mínimo co resto do mundo. Co tempo os xaponeses desenvolveron a habilidade de absorber, imitar, e finalmente asimilar eses elementos de cultura estranxeira que complementaban as súas preferencias estéticas. O primeiro arte complexo no Xapón foi producido nos séculos VII e VIII despois de Cristo, en conexión co Budismo. No século IX, a medida que os xaponeses comezaron a alonxarse da China e a desenvolver formas de expresión indíxenas, as artes seculares foron gañando importancia; até o século XV, tanto a arte relixiosa como a secular floreceron. Despois da Guerra Ōnin (1467-1477), o Xapón entrou nun período de convulsión política, social e económica que durou un século. No estado que emerxeu baixo o liderado do Xogunato Tokugawa, a relixión organizada xogou un papel moito menos importante na vida das persoas, e as artes que sobreviveron foron principalmente seculares.

A pintura é a expresión artística preferida no Xapón, practicada por aficionados e profesionais por igual. Até tempos modernos, os xaponeses escribían con pincel, no lugar da pluma, e a súa familiaridade coas técnicas do pincel os fixo particularmente sensibeis aos valores e estética da pintura. Co incremento da cultura popular no período Edo, un estilo de impresións con selos de madeira chamado ukiyo-e se convertíu nunha forma de arte importante e as súas técnicas eran perfectas para produciren impresións coloridas de todo, desde noticias diarias a novos libros escolares. Os xaponeses, neste período, encontraron a escultura como un medio menos idoneo para a expresión artística; a maioría da escultura xaponesa está asociada coa relixión, e a súa realización decaeu coa perda de importancia do Budismo tradicional.

A cerámica xaponesa encóntrase entre as máis preciadas no mundo e inclúe os primeiros artefactos coñecidos da súa cultura. Na arquitectura xaponesa, os xaponeses preferencian os materiais naturais e a interacción entre o espazo interior e o exterior se expresa claramente.

Hoxe en día, o Xapón rivaliza coa maioría das outras nacións desenvolvidas na súa contribución ao arte contemporáneo, moda e arquitectura, con creacións verdadeiramente modernas, globais e multiculturais.