Joseph Mallord William Turner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato, óleo sobre lenzo

Joseph Mallord William Turner, nado en Covent Garden, Londres, o 23 de abrilde 1775[1] e morto o 19 de decembro de 1851, foi un pintor paisaxista romántico inglés, cun estilo que sentou as bases do Impresionismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

O talento de Turner foi recoñecido na súa vida temperá, converténdose nun completo académico de arte á idade de 23 anos. A independencia financeira permitiulle a Turner innovar e crear pinturas que sorprenderon a moitos.

Turner é un pintor romántico interesado no Sublime; retrata o asombroso e salvaxe poder da natureza cara a humanidade. O tema de afundimentos de barcos, fogos ou catástrofes naturais así como fenómenos naturais (luz solar, tormentas, choiva, néboa...) é unha afirmación do insignificante da humanidade cara á natureza.

Os seus primeiros traballos, coma Abadía Tintern (1795) e Venice: S. Giorgio Maggiore (1819), permaneceron fieis ás tradicións da paisaxe inglesa. Sen embargo, en Haníbal Cruzando os Alpes (1812), o seu énfase no poder destrutivo da natureza xa comeza a aparecer. Turner perfeccionou a súa técnica para desenvolver a temática durante anos.

Última etapa[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos usou o óleo cada vez menos, e pasou a case luz pura con cor relucinte. Un exemplo do seu estilo tardío pode verse en Choiva, Vapor e Velocidade - O Gran Tren do Oeste, onde os obxectos son apenas recoñecibles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A data exacta é motivo de disputa