Wifredo Lam
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wifredo Óscar de la Concepción Lam y Castilla, coñecido como Wilfredo Lam, nado en Sagua la Grande en 1902 e finado en París en 1982, foi un pintor, escultor e ceramista cubano.
Traxectoria [editar]
Fillo de chinés e afrocubana, a súa familia mudouse para A Habana en 1916, onde ingresou na Escola de Belas Artes. En 1923 trasládase a Madrid para estudar con Fernando Álvarez de Sotomayor. A partir de 1930 comeza a se notar a influencia do surrealismo na súa obra, así como de Henry Matisse e Joaquín Torres-García. En 1938 marchou a París, onde entrou en contacto con Pablo Picasso.
