Museo de Arte Moderna (Nova York)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Museo de Arte ModernA | |
|---|---|
Vista do xardín, no novo edificio do MoMA construido por Yoshio Taniguchi. |
|
| País | |
| Cidade | Nova York |
| Director | Glenn D. Lowry |
| Inauguración | 7 de novembro 1929 |
| Visitantes | 2.5 millóns/ano |
| Sitio web | www.moma.org |
O Museo de Arte Moderna (Museum of Modern Art), máis coñecido como MoMa está situado en Manhattan, na cidade de Nova Iorque, na rúa 53, entre a quinta e a sexta avenidas. É considerado o principal museo de arte moderna no mundo. A súa colección inclúe traballos de arquitectura e deseño, debuxo, pintura, escultura, fotografía, grabados, libros ilustrados, filmes, e medios electrónicos.
A biblioteca e os arquivos do MoMA dan abeiro a uns 300 mil libros e periódicos, así como a arquivos individuais de máis de 70 mil artistas. Os arquivos conteñen principalmente material relacionado coa historia da arte moderna e contemporánea.
O MoMa complementa ao veciño Museo Metropolitano da Arte, é as veces considerado un museo irmán, aínda que é un museo de arte xeral, onde a arte moderna é tan só unha area de especialización.