Alfabeto hebreo
| Historia do alfabeto |
|---|
|
Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
| Meroítico s. –III. |
| Xenealoxía completa |
O abxad hebreo, algunhas veces denominado mediante a súa forma hebrea alef-bet (אָלֶף-בֵּית), é a serie formada polas consoantes hebreas. Está composto por 22 caracteres, dos cales cinco teñen unha grafía distinta ao final das palabras. Utilízase para escribir o idioma hebreo, o yiddish e, en menor medida, o xudeu-español.
O alef-bet é propia e orixinalmente un abxad, é dicir, só contén caracteres consonánticos. A puntuación diacrítica dos masoretas utilízase unicamente como unha axuda na aprendizaxe do idioma, xa que orixinalmente o idioma hebreo -—xa sexa o moderno ou antigo— non a utiliza, é o lector quen a prové. O hebreo arcaico empregouse desde a súa creación até os patriarcas. O hebreo antigo aparece na época dos Reies (Saúl, David, Salomón, etc.), e o hebreo cadrado ou moderno aparece por primeira vez no século III a. C.
Índice |
Letras do alfabeto hebreo [editar]
| Alef | Bet | Gimel | Dalet | He | Vav | Zayin | Het | Tet | Yod | Kaf |
| א א | ב ב | ג ג | ד ד | ה ה | ו ו | ז ז | ח ח | ט ט | י י | כ כ |
| ך ך | ||||||||||
| Lamed | Mem | Nun | Samekh | Ayin | Pe | Tsadi | Qof | Resh | Shin | Tav |
| ל ל | מ מ | נ נ | ס ס | ע ע | פ פ | צ צ | ק ק | ר ר | ש ש | ת ת |
| ם ם | ן ן | ף ף | ץ ץ |
Correspondencia de letras [editar]
- א - alef = a
- ב - bet = b (nalgunahs palabras como v)
- ג - gimel = g
- ד - dalet = d
- ה - hei = h
- ו - vav = v (nalgunhas palabras como a vogal o ou u)
- ז - zain = z
- ח - het = r
- ט - tet = t
- י - iud = i
- כ - caf/raf = k ou rr (depende de palabra) (no final dunha palabra ך )
- ל - lamed = l
- מ - men = m (no final dunha palabra ם)
- נ - nun = n (no final dunha palabra ו)
- ס - samaj = s
- פ - pei/fei = p ou f ( depende da palabra )(no final de palabra ף)
- ע - ain = a,e,i (depende da palabra,como se as vogais tivese un acento agudo)
- צ - tzadic = tz (no final de palabra ץ)
- ק - kuf = k
- ר - reish = r
- ש - shin/sin = x/s (depende da palabra)
- ת - tav = t