Nazaret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a cidade de Israel, para a cidade portuguesa véxase Nazaré, para a belga véxase Nazareth.

Natzaret
Vista do centro

Natzaret (en latín Nazareth, en árabe الناصرة : An-Nāṣirah; en hebraico נָצְרַת: Natserat) segundo a tradición cristiá foi unha cidade de Galilea hoxe unha vila en Israel, ao suroeste do lago Tiberiades. Ten máis de 50.000 habitantes.

A tradición di que aquí foi onde o anxo anunciou a María o nacemento de Xesús e este viviu aquí un tempo e coñécese mesmo coma Xesús de Nazaret ou Xesús nazareno.

Segundo historiadores e estudosos bíblicos actuais, é probábel que esta cidade non existise en tempos de Xesús. Non existe referencia histórica contemporánea ningunha da súa existencia e a máis antiga, a parte da Biblia,[1] é de comezos do século IV. Estudándoa chegouse á conclusión que se produciu un eroor de tradución do grego ao latín e que na forma orixinal non se dicía que Xesús fose de Nazaret senón que era nazareno, ou sexa que vivía segons uns usos e costumes concretos dun grup da época. Séculos máis tarde, a tradición cristiá inventaríase o asentamento da cidade e a construiría.[2] Mais non se pode descartar a súa existencia coma unha aldea ou microtopónimo sen importancia. Constantino I o Grande ergueu alí unha basílica. Epifanio di que até o tempo de Constantino o Grande só moraban alí xudeus, porén pola conquista musulmana (636) xa moraban cristián e no 670 Arculf di que existían dúas igrexas. No 943 al-Masudi fala dunha igrexa moi loada (sen dúbida a Igrexa da Virxe).

Destruída pels sarracenos antes da conquista polos croatas, estes recosntruírona e após o bispo de Escitópolis trasladouse a ela. O abade ruso Daniel dá unha boa descrición da igrexa da Anunciación e do Pozo de María (1113/1115). En 1187 foi ocupada per Saladino e cando se axustou a paz con Ricardo Corazón de León en 1192 ficou en mans do sultán aiubita. Despois noméaa Yaqut al-Hamawi en 1225. Luís IX de Francia foi aló en peregrinación desde Acre en 1251. Baibars I ordeou ao emir Ala al-Din a destrución da cidade (1263) e especialmente a igrexa da Virxe.

Contra o 1300 al-Dimashki menciónaa[3] coma unha vila xudaica na provincia de Safad, habitada tamén por árabes iemenitas. Tamén Khalil al-Zahiri na metade do século XV considéraa parte da provincia mameluca de Safad. Os peregrinos cristiáns pola súa banda describen Nazaret coma unha vila miserábel con poucos cristiáns e unha igrexa en ruínas, onde a poboación musulmá era hostil cos peregrinos cristiáns.

En 1620 o emir druso Fakhr al-Din abriu a vila aos franciscanos que reconstruíron a igrexa da Anunciación e o convento latino, aínda que os traballos non remataron até un século despois; a parte dos freires poucos cristiáns moraban en Nazaret. Na metade do século XVIII o xeque Zahir al-Amr de Acre deulle un novo pulo polo que acodiron máis cristiáns e aos poucos aumentaron no século a seguir. En 1890 tiña 7.419 habitantes (1825 musulmáns, 2870 gregos católicos, e o resto crsitiáns de diversos ritos) e os xudeus non podían residir na vila. O gran convento coa igrexa da Anunciació ao sureste, pertencía aos latinos, e a igrexa da Anunciació do noroeste á igrexa grega. Os musulmáns tiñan unha gran mesquita e cinco walis. O Pozo de María recibía a auga dun manancial que ficaba so da igrexa grega.

Na I Guerra Mundial foi un dos cuarteis xerais dos otomanos. Foi ocupada polos británicos en setembro de 1918. Na guerra de 1948 foi cualtel xeral dos árabes mandados por Fawzi Kawudji, mais derrotado este, a vila se vai render sen loita. Ficou dentro de Israel mais con poboación árabe e se converteu nun mercado principal para a poboación árabe do norte de Galilea e cabeceira do ditrito setentrional. En 1970 tiña unha poboación aproximada de 34.000 habitantes, case todos árabes e na súa maioría cristiáns. Unha nova igrexa da Anunciación construíuse en 1960.

Personaxes ilustres[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert Ambelain, Jesús o el secreto mortal de los Templarios, paxina 98
  2. Zindler, F. "Where Jesus Never Walked," American Atheist, Winter 1996-97, pp. 33-42.
  3. (en inglés) A gazetteer of buildings in Muslim Palestine. 2002. pp. 239.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nazaret

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Admiralty Handbook, Palestina and Transjordan, Londres, 1943

Coordenadas: 32°41′52″N 35°18′25″E / 32.69778°N 35.30694°E / 32.69778; 35.30694