Greivis Vasquez
| New Orleans Hornets – No. 21 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xaneiro de 1987 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 91 kg (200 lb) |
| Instituto | Montrose Christian School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Maryland |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 28
Escollido por Memphis Grizzlies |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Memphis Grizzlies (2010-2011) New Orleans Hornets (2011-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Greivis Vasquez, nado o 16 de xaneiro de 1987 en Caracas, Venezuela, é un xogador venezolano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Hornets da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Foi escollido despois dunha exitosa carreira universitaria cos Maryland Terrapins, onde rematou en segunda posición na lista de máximos anotadores da historia dos Terrapins, con 2.171 puntos.[1]
Traxectoria profesional [editar]
Os Memphis Grizzlies escolleron a Vasquez na 28ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2010.[2] Durante a tempada regular no seu ano rookie, Vasquez xogou apenas uns minutos e anotou dobres díxitos tan só dúas veces, pero foi xogando máis tempo nos playoffs de 2011.[3]
Memphis enfrentouse aos San Antonio Spurs na primeira rolda, onde os Grizzlies gañaron o seu primeiro partido da postempada da historia da franquía. No 4º partido, Vasquez sustituiu ao base titular Mike Conley, Jr.. Vasquez fixo un parcial de 7-0 que axudou a Memphis a levar o control do partido. Durante os seus 13 minutos de xogo, anotou 9 puntos e repartiu 2 asistencias, para axudar á vitoria de Memphis por 104-86.[3] Os Grizzlies pasaron de rolda ao gañar o 6º partido, onde Vasquez xogou 23 minutos e anotou 11 puntos. Memphis avanzou de rolda e xogou contra Oklahoma City Thunder nas semifinais de Conferencia, onde Vasquez se enfrontou ao seu antigo compañeiro de clase no instituto de Montrose Christian, Kevin Durant.[4]
O 24 de decembro de 2011, foi traspasado aos Memphis Grizzlies a cambio de Quincy Pondexter.[5]
Notas [editar]
- ↑ Greivis Vasquez stats
- ↑ Greivis Vasquez drafted, celebration begins, The Washington Post, 24 de xuño de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 Without shimmies, Vasquez shines on big stage, The Baltimore Sun, 30 de abril de 2011.
- ↑ Kevin Durant, Greivis Vasquez will play their roles — against each other — in NBA playoffs, The Washington Post, 30 de abril de 2011.
- ↑ Grizzlies deal Vasquez to Hornets for Pondexter