Aaron Gray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aaron Gray
Aaron Gray Raptors.jpg
Sacramento Kings – No. 33
Pivote
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1984 (29 anos)
Flag of California.svg Tarzana, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Universidade Pittsburgh (2003–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 49

Escollido por Chicago Bulls

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Chicago Bulls (2007–2010)
New Orleans Hornets (2010–2011)
Toronto Raptors (2011–2013)
Sacramento Kings (2013–presente)
Información en nba.com

Aaron Michael Gray, nado o 7 de decembro de 1984 en Tarzana, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). Con 2,13 metros de altura, xoga na posición de pivote.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Gray foi escollido polos Chicago Bulls na 59ª posición do Draft da NBA de 2007. Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2007 contra os Philadelphia 76ers.[1] O seu mellor partido chegou o 16 de abril de 2008 contra os Toronto Raptors, cando anotou 19 puntos e capturou 22 rebotes en 35 minutos de xogo, ademais de 2 asistencias.[2] Ao remate da tempada 2007-08, Gray acadou 262 puntos e 168 rebotes para os Bulls.

O 25 de xaneiro de 2010, Gray foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Devin Brown.[3] En xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Hornets.

En decembro de 2011, Gray asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[4]

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Gray, Rudy Gay e Quincy Acy ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]