John Salmons
| Sacramento Kings – No. -- | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1979 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 94 kg (207 lb) |
| Instituto | Plymouth-Whitemarsh |
| Información da carreira | |
| Universidade | Miami |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 26
Escollido por San Antonio Spurs |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2002–2006) Sacramento Kings (2006–2009) Chicago Bulls (2009–2010) Milwaukee Bucks (2010-2011) Sacramento Kings (2011-presente) |
|
| Información en nba.com | |
John Rashall Salmons, nado o 12 de decembro de 1979 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga para os Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA) nas posicións de escolta ou aleiro.
Índice |
Instituto e universidade [editar]
Foi ao instituto Plymouth-Whitemarsh no estado de Pensilvania, onde se proclamou campión estatal no ano 1997 conseguindo ademais chegar aos 1000 puntos durante a súa estancia alí. No ano 1998 comezou o seu periplo universitario na Universidade de Miami, na cal concluíu o seu ciclo universitario cunhas medias de 10,4 puntos, 5,5 rebotes, 3,5 asistencias e 1,5 roubos por partido.
NBA [editar]
Salmons foi seleccionado no posto número 26 do Draft da NBA de 2002[1] polos San Antonio Spurs. Foi enviado aos Philadelphia 76ers, onde estivo bastante discreto promediando tan só 4,1 puntos por xogo, e máis tarde aos Kings, onde asinou un contrato multianual, pasando tres anos nos que tivo boas tempadas, especialmente na última, onde unha inusitada mellora do seu lanzamento de tres puntos converteuno nun anotador moi solvente. En decembro de 2006 conseguiu o seu primeiro triplo-dobre ante Denver Nuggets, con 21 puntos, 11 rebotes e 10 asistencias.
O 19 de febreiro de 2009, Sacramento Kings traspasou a Salmons e a Brad Miller a Chicago Bulls a cambio de Andrés Nocioni, Drew Gooden, Michael Ruffin e Cedric Simmons. Coas novas incorporacións Chicago comezou unha remontada na táboa acadando a sétima praza para playoff do Leste. O seu rival en postempada foron os Boston Celtics, actuais campións. A serie foi especialmente igualada índose aos sete partidos, seis deles con prórrogas, mais finalmente os Bulls foron eliminados. A mellor actuación de Salmons na serie foi no cuarto partido (127-128 para Chicago) onde anotou 35 puntos incluíndo un tapón na segunda prórroga a unha tripla de Paul Pierce nos últimos segundos que daba a vitoria aos Bulls.[2] O 18 de febreiro de 2010, Salmons foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Hakim Warrick e Joe Alexander.[3]