Sofía de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofía de Prusia

Sofía Dorothea Ulrike Alice, nada no Palacio Novo de Potsdam o 14 de xuño de 1870 e finada en Frankfurt o 13 de xaneiro de 1932, foi princesa de Prusia, princesa de Alemaña e raíña consorte de Grecia tras a súa voda con Constantino I de Grecia. Os seus pais foron o emperador Federico III de Alemaña e a princesa real Vitoria, princesa do Reino Unido.

Foi educada directamente pola súa nai, quen lle inculcou certos sentimentos anglófilos.

O 27 de outubro de 1889 casou co príncipe Constantino de Grecia, futuro Constantino I. A voda celebrouse en Atenas, aínda que o compromiso pasara por dificultades na corte de Berlín, especialmente por que era mal visto que unha princesa luterana casase cun ortodoxo.

Os príncipes tiveron seis fillos:

Considerouse como influente no seu esposo o rei, sobre todo nos sentimentos prol-alemáns que Constantino mostrou durante a Primeira Guerra Mundial.

O 11 de xullo de 1917 tivo que abandonar o país xunto co seu marido cara a Suíza, tras complicacións políticas. En 1920 regresaron a Grecia por motivo dos funerais do seu fillo Alexandre e ese mesmo ano o rei Constantino retomou o poder, para abdicar tan só dous anos despois, en 1922, e enseguida partir novamente ao exilio, esta vez a Italia.

Sofía quedou viúva en 1923. Ela falecería de cancro na cidade alemá de Frankfurt, en 1932.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sofía de Prusia