Paulo I de Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulo I de Grecia
Rei dos Helenos

Reinado1 de abril de 1947 - 6 de marzo de 1964
Nome completoPaulo de Schleswig-Holstein-Sönderborg-Glücksburg
Nacemento14 de decembro de 1901
Tatoi, Grecia Grecia
Falecemento6 de marzo de 1964
Atenas, Grecia Grecia
SepulturaPalacio Real de Tatoi
PredecesorXurxo II
SucesorConstantino II
ConsorteFederica de Hannover
Descendencia
  • Casa realSchleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
    ProxenitoresConstantino I
    Sofía de Prusia

    Na rede
    WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-31 Find a Grave: 8126667 Editar o valor em Wikidata

    Paulo I de Grecia, da Casa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, nado en Tatoi, Grecia, o 14 de decembro de 1901 e finado en Atenas, o 6 de marzo de 1964, foi monarca de Grecia entre 1947 e 1964.

    Foi o terceiro fillo de Constantino I de Grecia e de Sofía de Prusia, da Casa de Hohenzollern. Contraeu matrimonio coa princesa Federica de Hannover en 1938, que era prima segunda por parte da familia real danesa e á súa vez filla da súa curmá Vitoria Luisa de Prusia. Con Federica tivo tres fillos: Sofía (actual Raíña de España), Constantino e Irene.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    De 1917 a 1920, viviu no exilio coa súa familia, despois de que o seu pai, Constantino I, tivese que abdicar polas súas simpatías alemás. Volveu vivir no exilio a partir de 1923, tras a segunda abdicación do seu pai pola derrota grega na guerra con Turquía, e o fracasado intento de golpe militar monárquico que conducirá á proclamación da Segunda República Helénica en marzo de 1924. O seu pai morreu en Italia a finais de 1923, e o seu irmán máis vello, Xurxo II de Grecia, foi chamado a reinar en 1935, despois de que un golpe militar monárquico acabase coa república. Durante a maior parte da segunda guerra mundial (de 1941 a 1946), ao estar Grecia ocupada polas forzas do Eixo, a familia real grega viviu en Cidade do Cabo (Suráfrica), antes de trasladarse a O Cairo (Exipto) en 1944, desde onde o seu irmán o rei Xurxo II radiou diversas mensaxes ao pobo heleno en apoio ao goberno grego no exilio.

    Regresou a Grecia en setembro de 1946 durante a Guerra civil grega, despois de que os monárquicos gañasen as eleccións xerais e que un plebiscito confirmase a restauración da monarquía. Ocupou o trono en abril de 1947, tras a morte do seu irmán Xurxo II. Nos anos 1950 Grecia recuperouse economicamente grazas ao plan Marshall. As relacións diplomáticas e económicas co exterior víronse reforzadas polas frecuentes visitas da familia real no estranxeiro; Paulo I foi o primeiro monarca grego en visitar un xefe de Estado turco. Con todo as relacións co Reino Unido deterioráronse pola cuestión de Chipre, que logrou finalmente a súa independencia en 1960.

    Paralelamente, os sentimentos republicanos ían en aumento no país. Paulo I foi criticado en diversas ocasións por inmiscirse en cuestións políticas e infrinxir as regras da monarquía constitucional. A Federica de Hannover reprochábaselle a súa pertenza á sección feminina das Mocidades Hitlerianas nos anos 30, é dicir, cando tiña menos de vinte anos e a afiliación era obrigatoria. Crecían tamén as críticas sobre o tren de vida da familia real e o seu custo para o Estado grego. As tensións entre o Rei e o seu primeiro ministro Konstandínos Karamanlís eran cada vez máis palpables. En 1963, o partido Unión de Centro de Georgios Papandreou gañou as eleccións xerais, unha vitoria que -a xuízo de Karamanlís- era ilexítima, polo que opinaba que o Rei non lle debería chamar a formar goberno. Karamanlis dimitiu e exiliouse a Francia. A vitoria do partido de Papandreou revalidouse nas eleccións de febreiro de 1964.

    Paulo I morreu ao mes seguinte, a principios de marzo de 1964, ás poucas semanas de ser operado dun cancro de estómago. Foi sucedido polo seu fillo Constantino.

    Foi amante de Denham Fouts, coñecido prostituto estadounidense famoso por servir de inspiración a escritores como Truman Capote, Gore Vidal, Christopher Isherwood e Gavin Lambert.

    Fillos[editar | editar a fonte]

    Con Federica de Hannover tivo tres fillos:

    Predecesor:
    Xurxo II

    Rei dos Helenos

    1947 - 1964
    Sucesor:
    Constantino II