Escola Naval Militar de Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°23′40.62″N 08°42′19.26″W / 42.3946167°N 8.7053500°W / 42.3946167; -8.7053500

Entrada á Escola Naval Militar.
Vista en segundo plano da Escola Naval Militar.

A Escola Naval Militar é o centro de instrución para a futura oficialidade da Armada Española e atópase no concello pontevedrés de Marín, no seu núcleo urbano.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi trasladada a Marín en xullo de 1943 dende San Fernando, e integrouse nas instalacións da Armada que xa existían no lugar, a canda o polígono de tiro naval e a Escola de Artillería e Tiro Naval. A inauguración oficial tivo lugar o 15 de agosto de 1943 coa presenza do Xefe do Estado.

O seu director en 2011 é Marcial Gamboa Pérez-Pardo.

Características[editar | editar a fonte]

O seu recinto ten unha superficie 241.000 m², sen contar a illa de Tambo que pertence a ela. O río Lameira circula soterrado por parte do recinto e desemboca no peirao da escola. O seu actual comandante director é José Luis Urcelay. As instalacións da Escola emprégaas non só a Armada Española, senón tamén patrulleiras tanto do servizo marítimo da Garda Civil, como do Servizo de Vixilancia Alfandegueira e remolcadores de Salvamento Marítimo.

O himno da Escola coincide co himno da Armada Española.

A carreira militar[editar | editar a fonte]

A carreira militar é cursada de maneira bastante similar ás licenciaturas e diplomaturas universitarias. En cinco cursos para a Escala Superior de Oficiais e tres para a Escala de Oficiais. Cursando nela aspirantes de todas as armas da Armada (Infantería de Mariña, Enxeñeiros, Intendencia...)

O alumno é aspirante durante os dous primeiros anos, Gardamariña durante o terceiro e o cuarto e Alférez de Fragata Alumno ou Alférez Alumno (se é Infante) durante o quinto.

Na Escola impera un ambiente de disciplina típica militar con prácticas constantes na mar e no campo, dependendo da especialidade.

Datas importantes[editar | editar a fonte]

Un dos días máis importantes na Escola Naval é o 16 de xullo, día da patroa da Armada e das xentes do mar, a Virxe do Carme, e tamén festa local en Marín. Ese día celébrase a entrega de reais despachos ós alumnos que finalizan os estudos, e as novas promocións xuran bandeira. Adoitan asistir ao acto os reis de España ou os príncipes, así como altos representantes do goberno estatal, autonómico e local. Con motivo destes actos o buque escola Juan Sebastián Elcano atraca no peirao da Escola Naval e navíos de guerra fondean na ría. Á noite realízase un baile de gala en honor dos alumnos.

Outra data importante é a celebración do baile do "ciento": con motivo da seu pronto embarque no buque escola Juan Sebastián Elcano os gardamariñas de segundo organizan un baile no casino de alumnos, ó que asisten tanto civís como militares de tódalas armas e varias nacións.

Buques[editar | editar a fonte]

Emblem of the Spanish Naval Military Academy.SVG

Os buques que teñen como base a Escola Naval son[1]:

  • Veleiros escola:
    • Arosa
    • Giralda
    • Sálvora
  • Lanchas de instrución:
    • Salas
    • Godínez
    • Rull
    • Lamadrid
    • Barrutia
    • Chereguini
  • Patrulleiros
    • Tabarca
    • Colimbo III (Servizo de Vixilancia Alfandegueira)

Repercusión[editar | editar a fonte]

A Escola Naval e os aspirantes a oficias foron protagonistas de varias películas, entre elas:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Remolcador A-51 Mahón atracado no peirao da Escola.  
Patrulleiro da Armada P-75 Descubierta na Escola.  
Pau de sinais, onde os alumnos son castigados se cometen algunha falta.  
Acto de xura de Bandeira e entrega de Reais Despachos.  
Buque Escola Juan Sebastián Elcano.  
Gardas civís saudando á Bandeira durante unha xura.  
Compañía de alumnos a paso lixeiro.  
Elcano ancorado no peirao da Escola.  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]