Longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Longo (gr. Λόγγος, lat. Longus) foi un novelista grego do século II despois de Cristo, autor de Daphnis e Cloe. Dafnis e Cloe foi o modelo de La Sireine de Honoré d'Urfé, a Diana enamorada de Montemayor, a Aminta de Tasso, e The Gentle Shepherd de Allan Ramsay. A famosa Paul et Virginie (traducida para o galego como Paulo e Virxinia) é un eco da mesma historia.