Presidencia da Xunta
A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polos deputados do Parlamento de Galicia, escollidos á súa vez por sufraxio universal.
O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981[1]. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.
Na actualidade a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijoo.
Índice |
Lista de presidentes [editar]

Ata o de agora, houbo cinco presidentes da Xunta autonómica e dous da preautonómica.
Preautonomía [editar]
- Antonio Rosón Pérez (Unión de Centro Democrático) (1977-1979)
- Xosé Quiroga Suárez (Unión de Centro Democrático) (1979-1981)
Autonomía [editar]
- Xerardo Fernández Albor (Alianza Popular) (1981-1987)
- Fernando Ignacio González Laxe (Partido Socialista Obrero Español) (1987-1990)
- Manuel Fraga Iribarne (Partido Popular) (1990-2005)
- Emilio Pérez Touriño (Partido dos Socialistas de Galicia) (2005-2009)
- Alberto Núñez Feijoo (Partido Popular de Galicia) (2009-actualidade)
Estrutura interna [editar]
A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, garda para si a competencia directa en determinadas funciós, que decide non delegar nas consellerías respectivas. Baixo o goberno de Alberto Núñez Feijoo as competencias reservadas son:
- Secretaría xeral para o Deporte: José Ramón Lete
- Secretaría xeral da Igualdade: Marta González Vázquez
- Secretaría xeral de Emigración: Manuel Luís Rodríguez González
- Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega): Mar Pereira.
- Secretaría xeral de Medios (da que depende a Dirección xeral de comunicación): Alfonso Cabaleiro
- Secretaría xeral para o turismo: Carmen Pardo (a partir de 2012)
Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.
Notas [editar]
- ↑ "Anteriores Presidentes da Xunta de Galicia". Xunta de Galicia. http://www.xunta.es/presidentes.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||